Todo
começou nun dos paseo polo parque de xoghos de Fontiñas, cun compañeiro
natural dunha localidade das Rías Baixas e, as nosas respectivas
fillas.
Estes encontros casuais xurdían cando lle tocaba vir buscar a filla a Santiagho nos días que tiña marcados e posteriormente levala consigho.
Era, e supoño que sighue sendo moi afeççionado a experimentar con rituais e “mençiñas” esquençidas da nosa terra e doutros países e culturas. Tamén está metido en ghrupos culturais, asoçiaçións e todo tipo de xuntanças con xentes de distintas naçionalidades e continentes.
É por eso que lle cheghan as novedades que absorbe e proba pola súa intensa curiosidade, tanto pode ser literatura exótica, culturas lonxanas ou herméticas, poesía e prosa, autores desconoçidos daquí e dacolá, remedios, técnicas de relaxaçíón e meditaçión.
Realiça aventuras marítimas co seu barco e con amighos que lle podan apareçer ou o buscan a través deste cóctel de actividades polas que se decanta.
Dada a súa situaçión persoal no ámbito sentimental de liberdade e soedade, tendía a encher ese baleiro da primeira unión frustrada con novas relaçións.
Froito da súa açentuadísima naturalidade e sinxeleça, xunto cun sentimento de ilusión e emoçión interior que non ocultaba, saíronlle noivas de aquí, e doutros países dun xeito moi fluído. Incluso ten feito vida en parella con elas nos seus respectivos países e convivido tamén por aquí.
Traballaba coa súa familia no mundo das bateas e cos barcos dedicábase ao mar. Non é por casualidade, xa que viven ao seu carón. Façía vida independente, non sei a estas alturas, nunha casa afastada.
Se lle tocaba ir co barco e coa súa tripulaçión polo mundo adiante por cumprir un contrato pactado entre seu pai cun cliente, levaba o barco ata o porto de destino e collía o avión de reghreso á casa.
E se o trato era traerllo desde un punto lonxano, ía en avión ata ese lughar ou país, acheghábase ao peirao onde estaba o barco e viña con el ata onde correspondera.
Así e todo, tamén co seu propio barco planificaba viaxes de ida e volta en plan aventura a distintos continentes.
Pois ben, dito esto, e retomando as lembranças dun dos nosos encontros mentres estabamos coidando das pequenas nun parque infantil de Fontiñas, en Santiagho, foi nesto que falabamos de temas curiosos e de búsqueda diversa, cando el comenta que remoera a conçiençia follas de ayahuasca, así como follas de coca, que van soltando o sumo mesturado coa saliva e vaise traghando, como fan os nativos dos pobos americanos.
Estas plantas fóronlle ofreçidas por unha persoa desas terras invitado á reunión do ghrupo cultural ou literario no cal había xentes de distintas naçionalidades. Apuntaba que esta é unha maneira de conoçer as diferentes culturas dos partiçipantes e tamén a nosa.
Mastighar follas destas plantas está permitido pola Convençión das Naçións Unidas porque non se considera tráfico de estupefaçientes, debido a que están no seu estado natural sen destilaçión química.
Explicábame que a planta sirve como aporte vitamínico, estimula e sustenta o corpo, fai de analxésico, axuda a recuperar o benestar, traballa como mediçiña natural empreghada nas selvas de Sudamérica e Çentroamérica dentro dun ritual chamánico ou máxico.
Aí quedou a cousa ata que despois duns pouquiños anos contados nos dedos dunha man, ocorreu que unha noite pola semana entre os meses de febreiro a março de 2008, mentres estaba na cama sintoniçando música en distintos puntos da radio,
escoitín na canle ghalegha falar sobre a ayahuasca ou yahé, "abuelita", peyote, etç..., seghundo en que país do continente americano nos atopásemos, a cal está considerada como "planta dos deuses".
Era unha conversa na que o entrevistado manifestaba ser un dos primeiros introdutores nesta terra, e noutras partes do estado, do empregho desta planta fóra do ámbito da selva sen que estiveran presentes os verdadeiros chamáns nativos.
Diçía que estivera cos indíxenas deprendendo todo sobre ela e o seu mundo, anque preçisaba que non é o mesmo o contexto dunha selva que traela ao mundo oççidental.
-->
Esta bebida é o líquido extraído da ayahuasca, que é unha liana da selva amaçónica. É reverençiada polas tribos indíxenas como unha planta mestra e constitúe o fundamento da súa mençiña tradiçional. Inxírena para diagnosticar e curar enfermidades, tomar deçisións importantes ou falar cos espíritos.
No ritual, a bebida é obtida da ayahuasca mesturada con outra planta selvática: a chacruna. A primeira é curativa, a seghunda a visionaria.
Os chamáns ferven o tronco da ayahuasca coas follas da chacruna durante des horas nunha ola, ata que se forma unha sustançia amargha e espesa que logho colan e envasan nunha botella de plástico. Á hora da çerimonia, a cada partiçipante sírvenlle unha pequena copa.
De tódolos xeitos pode levar máis clases doutras plantas que existen, as cales, seghundo a que corresponda, mestúrase coa ayahuasca e a chacruna, e cóçense xuntas, posto que dependendo da doença, propósitos, tipos de problemas ou personalidade do paçiente, así vai ser a variedade e composto espeçífico do combinado que se queira ou preçise extraer.
Explicaba que é un remedio polivalente usado para os distintos males físicos e psíquicos do ser humano, que se lle dá á persoa dentro duns rituais dirixidos polos verdadeiros chamáns ou mestres coñeçedores desta planta milenaria de çinco mil anos de antighuedade.
Afirmaba que a árbore da ayahuasca conoçida como “abuelita” era sabia por ser unha bebida milenaria e espeçial, depurando e eliminando todo o mal que hai en nós.
De ter contacto con ela debería partirse da premisa de non levar nincunha expectativa, porque o seu actuar é imprevisible podendo tomar direççións distintas á esperada.
Declaraba que é unha planta sabia que se adapta á persoalidade de cadaquén e das súas propias inquietudes, escudriñando a mellor maneira para aportarlle remedio á persoa.
Contaba “maravillas” da mesma, podendo cheghar a resolver problemas do corpo, da mente, ou de espírito a quen busque ese sentido, así como dárse a posibilidade de que a persoa tivese unha viaxe polos diversos planos astrais, vendo os seus seres queridos, ou outros seres máis elevados en distintos ghrados, e incluso o inframundo de seres elementais neghativos, de materia semellante ao plasma. Dábanse casos de cheghar a vernos a nós mesmo integhrados e formando parte da natureça como un ser completo en toda a súa diversidade, …
Entre outras cousas fantásticas existían experiençias dalghunha persoa que vira un ser querido, podendo saber que ese ser tivera que seghuir un çiclo dunha nova vida reencarnándose aquí na terra noutro corpo e noutro país.
Existía a posibilidade de ver a nosa cadea de ADN semellante a unha serpe iluminada con segmentos de diversas cores, como tamén viaxar a lughares físicos na propia terra ou noutros mundos teletransportando o noso corpo sutil por medio dun desdoblamento, e afastándonos do corpo físico, sen neçesidade de viaxar físicamente.
Nestas experiençias deben estar presentes os chamáns como ghuías na toma da bebida mestra de ayahuasca, axudando a contrarrestar os síntomas da "mareaçión": malestar, náuseas, vómitos, diarreas, calafríos, sudoraçións, debilidade, nerviosismo, sensibilidade ..., como tamén evitar percançes por unha mala viaxe coa "abuelita", é diçir, ser a cadea de unión para que a persoa non quede atrapada no outro lado ao transitar por ese mundo non terreal.
Logho de escoitar todas estas “MILAGHRES” asoçieino rápidamente co que me contara no parque sobre a ayauasca o meu amigho dun pobo da Ría de Arousa. Sabía que el remoera ayauasca, pero desconoçía se probara o líquido extraído destas plantas da selva.
Un día pola tarde no medio da semana, calculo que entre os meses de março e abril de 2008, deçidín chamalo ao móbil dende o lughar no que resido non moi lonxe de Santiagho por mor do traballo.
Colleume o teléfono e expliqueille o asunto que escoitara pola radio. Díxome que era unha pena por non telo chamado antes xa que así eu podería ter asistido tamén con el e varios amighos seus a unha sesión, porque había pouquiñas semanas que tivera unha seghunda ou terçeira sesión de ayahuasca en Santiagho, çelebrada en ghrupo cada seis meses cun ghuía de orixe arxentino alcumado “Lichi”.
Relatoume que este señor está temporalmente durante seis meses en Monforte de Lemos, coa súa muller e a filla, posto que o pai del é orixinario desta localidade. Cobra 50 € por sesión. Careçe de coche e despráçase en autobús, tren ou avión.
Debido a esta dedicaçión está continuamente çirculando por aquí e polo resto do estado. Na metade do ano vai pasar os seis meses restantes a Arxentina e de aí pola selva sudamericana.
Explicoume que se me deçidía ir xunta este señor, non me preocupara porque faríase en grhupo, dirixido e supervisado por Lichi. Ten feito estes rituais en Santiagho, nun piso dun amigho deles afeççionado a estas experiençias, e tamén en Monforte de Lemos.
No momento de probala aclaroume que non debía levar expectativa de nincún tipo porque “a abuelita” pode manifestarse dun xeito consçiente ou tamén non consçiente sen que un se percate dela nese momento, posto que seghundo as neçesidades de cada individuo actúa de distinta maneira no corpo e na mente da persoa.
Incluso a lonco praço pode manifestar a súa influençia, axudando e ensinando moito despois dese día. A uns dálle “visións”, outros “sensaçións”, “tranquilidade e benestar”, “claridade e apertura de camiños ás súas dúbidas”.
Hainos a quen non lle mostra nada e aparéçenlle sinais co tempo máis alá desta sesión, ou teñen que recorrer a máis sesións porque o seu interior llo pide.
Tamén soe haber mala viaxe, chamada así porque, seghundo me diçía, esta planta sabia e milenaria pode dar visións que asustan ás persoas de baixo nivel de conçiençia para que desperten da súa escuridade.
Por outra parte vai limpando o mal que encontra por dentro, físico, psíquico ou espiritual, causando vómitos fortes, diarreas, sudoraçións, calafríos, ..., pero que non me preocupara e botara todo fora, que non me cortase, porque eso é bo para expulsar todo o que che afecta, deixándome levar por ela e polo ghuía, que estará alí para conduçirnos coa fin de que todo saia ben.
Doume o teléfono do señor e díxome que estaba por Monforte de Lemos ata finais de xuño, pero que a partir dese mes marchábase para Sudamérica para seghuir experimentando pola selva, e tamén que había de darme un réxime alimentario a seghuir durante un tempo.
Quería dunha ves por todas comprobar por min mesmo toda aquela historia, e de aí a poucos días deçidín marcar o número dese señor.
Reçibeu a chamada e soou a vos del, que efectivamente respondía ó nome de Lichi. Atopábase en Monforte de Lemos.
Presenteime deçíndolle que era amigho do seu compañeiro de tal sitio da Ría de Arousa, quen me dera o seu teléfono.
Contestoume que o conoçía por ter ido no coche do compañeiro a Monforte de Lemos por mor de varias sesións nas que partiçipara.
Reveleille os meus propósitos de paso que quixen contrastar con el o que escoitara pola radio sobre esta planta, relatando así mesmo que anos atrás nun parque infantil o compañeiro contárame que el a tiña mastighado.
Tendo este señor a responsabilidade de ghuía no ritual, aseghurouse que pretendía eu coa experiençia, e manifesteille que sendo considerada divina polos nativos americanos e con tódalas historias que chegharon aos meus ouvidos, tiña curiosidade por averighuar ou resolver cantidade de dúbidas existençiais sobre a miña vida e todo o que me arrodeaba.
Seghundo escoitaba íame respondendo, e façíame preghuntas sobre a miña saúde, se tomaba medicamentos, alghún tipo de alerxias, enfermidades, e que ghrado de interés era o meu ....
Pideume que non me fixera ilusións de nada, que non levase expectativas sobre esto, debido ao que escoitara, lera ou tivera visto, ... Esta mediçina actuará como queira e cando ela deçida por vías inesperadas.
Dito todo o que considerou que era mester, doume mentres tanto unhas pautas a seghuir para eliminar da miña dieta a carne de chancho (porco), comidas pesadas, café, tabaco, alcohol, prebes ou salsas, ...
Quixo saber se había inconvinte en façerme os rituais na miña casa e díxenlle que non existía nincún problema, para min moito mellor xa que non tiña que conduçir e estaba máis seghuro para recuperarme dos posibles efectos”.
Requireume o endereço exacto e ao mesmo tempo deille referençias para situarse mellor, façilitándolle datos do lughar porque el non sabía cheghar ata aquí.
Pretendín aseghurarme do preçio da sesión que o compañeiro taxaba en 50 euros, cousa que o señor así me confirmou.
Creo que me aconsellou que xusto a comida anterior ao ritual fora moi leveán ou suave, como parte final da dieta que debía seghuir. Puntualiçou que a sesión soe durar çinco horas.
Non tiña veículo propio e viría desde Monforte ata a estaçión de tren de Santiagho o luns çinco de maio de 2008 e se façía o favor de recollelo alí no andén, polo cal pideume o número de móbil. Díxenlle que con moito ghusto o recollería, quedando deste xeito a cousa pactada.
A partir dese momento e dentro da marxe destas dúas semanas antes da proba, dispúxenme a levar a cabo a dieta. Pola miña conta non había problema no réxime alimentiçio, pero o inconvinte sería como convençer a miña nai neses dous fins de semana de que non podía comer carne, salsas, ...
Ocorréuseme que inventaría o conto de que fun ó médico por problemas de estómagho e debía ghardar réxime. Deduçía eu da dieta que era polo feito de que a bebida de ayahuasca pudera disolverse ben no meu corpo cando a tomase para absorbela mellor.
Foi transcorrendo o tempo e os días íanse açercando. Estaba moi inquedo e un pouco debilitado por levar ao pé da letra o tema do réxime.
Estamos xa no día çinco de maio de 2008, un luns laborable. Que casualidade, é o cumpreanos da filla, cumpre nove anos, número 9 que tamén pensando retrospectivamente dous anos despois, representa no mundo esotérico a búsqueda da espiritualidade, pero unha busca forçada e adulterada a través da transformaçión de plantas que pasaban a converterse nunha sustançia química, sen ter idea do significado do ritual chamánico, o cal érame descoñeçido.
Atópome no traballo e miro o reló para aseghurarme da hora. Volvo ter presente que cando saia do traballo debo recoller con tempo ao señor na estaçión de tren de Santiagho para que podamos cheghar aquí ás 7 da tarde e começar a sesión que en teoría acostuma durar çinco horas.
Na metade desta xornada de traballo soa o móbil, e ao atender a chamada resulta ser o señor diçíndome que non podía façelo na miña vivenda, porque cheghaba moi xusto de tempo o tren e non había marxe para desenvolver o ritual, ademáis ao día seghuinte tiña que coller viaxe en tren ou avión para Madrid, onde desenvolvería máis actividades ghrupais deste tipo.
Así que me propuxo que fora en Santiagho no piso dun amigho seu que prestaba, estando el presente, a vivenda para estes actos, o cal era a súa ves compañeiro do da Ría de Arousa. Explicado todo esto, açeptei a proposta e façilitoume a direççión.
Pouco antes de rematar o traballo volveume chamar ao móbil diçíndome que non era posible tampouco na vivenda de Santiagho, pois o dono da vivenda sen estar presente non deixaba as chaves para o ritual.
Polo tanto ofreçeume a posibilidade de realiçalo en Monforte de Lemos á mesma hora, sete da tarde, no hostal que está xunto á ponte románica, pois ao día seghuinte iba en tren ou avión a Madrid para realiçar máis rituais.
Ademais no vindeiro mes de xuño, ou xullo, marcharía para Arxentina e faría çircuito pola selva durante seis meses, así que seghundo a súa axenda, de non ser neste día, posiblemente non houbese outra oportunidade ata despois deste ano, e eso a saber se volvería por aquí para o próximo ano.
Contesteille que non sabía cheghar ata alí, pois nunca fora a esa localidade, como tamén intuía que era moita distançia en quilómetros. Tampouco sabía çertamente os efectos reais que tería en min tal práctica e non contaba con ninquén que me acompañase ata alá para logho traer o coche, todo no mesmo día.
Así que lle dixen que o pensaría e o chamaría máis tarde. Nuns minutos antes do remate do horario de traballo, busquei o mapa de estradas que primeiro atopei para saber cómo se cheghaba ata ese lughar, e no caso de deçidirme ir ata alí, o resto sería improvisar sobre a marcha, cousa que así pensei de boa fe e inoçentemente.
Pero non houbo sorte na búsqueda dun traçado explícito de cómo ir alá. Dun xeito insensato e falto de capaçidade para prever o que me esperaba, deçidín ir e chameino por teléfono para confirmalo.
Sempre fun moi buscador e ansioso en çertos temas, dos que non loghro ver ou comprender de antemán as consecuençias de tales actos ata que os teño enriba de min sobre o meu pelexo.
Ben. Ao abrille as portas a esa posibilidade, marquei a cadea de suçesos que me ocorrerían, as cales conformarían o meu destino.
Rematou a xornada de traballo. Voume para a vivenda a tomar algho suave e lixeiro, e de paso recoller as cousas, un pouco de cartos, o móbil. Façía bo día, despexado e soleado.
De roupa levaba posto un nique de manca curta cor branca, un pantalón verde claro, e de reposto na bolsa outra muda con pantalón, un nique, unha chaqueta algho ghrosa, e tamén roupa interior. Todo esto por se acaso se manifestaran os posibles síntomas dos que so sabía de oídas e lera en pouco tempo.
Pretendía cheghar alá e que a sesión non durase máis do pensado, çinco horas, moitas horas, aparte de que tamén tiña que volver con tempo e traballar ao día seghuinte.
Sabía que esas çinco horas desde as sete da tarde eran irremediables, pero estaba disposto a experimentar toda esta historia por min mesmo, xa que de non açeptar non creo que volvese ver a este señor, porque a súa axenda era marchar para a súa terra dentro de pouco.
Sen que ninquén me acompañase a un destino inçerto, como o último mohicano solitario e fuxidío, sumábase o aghobio polo inçertidume da mesma experiençia en sí.
Que casualidade, a miña mente volveu lembrarme que neste mesmo día cumpría anos a miña filla, nove anos, e eu aventurándome en prácticas inçertas dunha maneira solitaria e clandestina para atopar lus ás dúbidas que sempre tiven no meu existir, sen cheghar a calcular o desenlaçe de todo esto.
Entre a dieta que mantiña xa case había dúas semanas, os quilómetros de estrada, e a combinaçión de plantas que pensaba probar, presentía que iba quedar coma un trapo.
¿E se vou para a pataqueira por meterme en historias para non durmir? ¿Pero se me indicaron que non pasaba nada malo, so en último caso, síntomas depurativos e limpadores, expulsións físicas e estados alterados de conçiençia …, pero sempre asistido por esa persoa?
¿Paréçeche pouco, Ramón? ¿Pero tí a onde vas, inoçente? Vou experimentar “eso” para saír de dúbidas.
¿E se “experimento” para non retornar nunca polo meu propio pé, e se con eso non volvo ver xamais a lus do sol?
Subín ao coche, abrín o portalón, e sobrecollido polo descoñeçemento de semellante descomunal traxecto, díxenme a min mesmo: ¡Alá imos! ¡Rogho á providençia que todo saia ben!
Eran as catro en punto da tarde, nin minuto máis, nin minutos menos, cando se pechou o portalón do gharaxe ao saír co coche.
Ía ser esa unha hora significativa a ter en conta polo que discorrerá máis adiante na madrughada seghuinte despois deste día çinco de maio de 2008.
1 comentario:
Estimados/as amigos/as:
La Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) ha emprendido una acción de sensibilización en la que los ciudadanos europeos van a poder hacer llegar a los máximos representantes de ciencia e innovación en Europa qué retos deben afrontar estos dos ámbitos en el horizonte del año 2030.
Con motivo de la Presidencia Española de la Unión Europea durante el primer semestre de 2010, y con el apoyo del Ministerio de Ciencia e Innovación, la FECYT presenta a todos los ciudadanos de Europa esta acción innovadora y singular: la Agenda Ciudadana de Ciencia e Innovación. La Agenda Ciudadana es una acción de sensibilización que une en una misma iniciativa a científicos e innovadores, políticos y ciudadanos para hablar de ciencia e innovación. El formato participativo da valor al proceso y acerca los retos a la ciudadanía.
Con la colaboración de un Comité de expertos se han seleccionado a 14 personas europeas cuyos descubrimientos e iniciativas nos han cambiado la vida. Ellos han imaginado y formulado los retos que se proponen a la ciudadanía, para que ésta valore y priorice cuáles deben formar parte de la agenda de los ministros de ciencia e innovación.
En la página web www.reto2030.eu podrás consultar los 14 retos, conocer a quien los ha propuesto, a través de entrevistas personales, y hacernos llegar tu elección antes del 26 de mayo de 2010.
Te agradeceríamos que dieras a conocer esta iniciativa entre todos tus contactos y nos ayudes a difundirla para que entre todos consigamos construir la Europa de los ciudadanos.
Nosotros ya hemos votado en http://www.reto2030.eu . ¿Te animas?
¡Gracias!
Publicar un comentario