Logho de varios quilómetros de sufrimento, atopo un desvío á miña man dereita.
Hai un sinal que pon Vilatán, nome forte e pertençente ao conçello do Saviñao.
Esto ocorréuseme aghora, dous anos despois de pasado o perigho, imaxinándoo como lughar de parada predestinado para soltar e desbloquear ataduras moi arraighadas no meu ser. O carallo. Ben pudo ser o lughar onde quedase tirado para sempre. Non me fastidies subsconsçiente.
Collo o cruçe desta estrada asfaltada, situado a uns çen metros de distançia das primeiras casas desta aldea.
Foto esquerda, camposo situado en plena curva, ao que cheghamos seghuindo a recta da foto dereita.
Decátome que á esquerda en plena curva, hai un pequeno camposo de herba un pouquiño elevado sobre a autovía, e separado dela pola silveira.
Máis adiante, mirando á parte de riba da estrada, vexo o alumeado público, indicativo de que as casas do lughar non debían estar moi lonxe.
Non o penso máis e aparco. Síntome tan mal e con pánico por estes síntomas que se açentúan fortísimamente, sen ter ao meu lado quen me façilitou as brebaxes.
Sería a unha e pico da madrughada, cando sen me dar tempo a baixar do coche, de súpeto véñenme náuseas e arcadas, botando todo o pouco que tiña no bandullo, e despois case instantáneamente volvín repetir dúas veçes máis, aproximadamente.
O pano da man non me sirveu de nada, porque boa parte do espallado foise polo volante, o asento, o pantalón e o chan. Todo cheiraba a ghómito.
Dichoso bolico de nata, xunto coa laranxada ghaseosa, foi todo expulsado. Xa deduçía eu que non ía ser boa idea tomar esto daquela, pero qué cousa era boa tal como tiña o corpo.
Tratei de limpar todo e aliviar un pouco a testa, para buscar un mínimo de benestar. Non sabía que façer, non sabía se esto era normal. Tampouco pasaba ninquén pola autovía, nin pola estrada que vai para a aldea.
Neçesitaba aire fresco, e saín en manca curta tal cal. O çeo estaba entre nubes e claros, con alghunha estrela visible entre elas. Pedía axuda en vos baixa a todo o visible e invisible.
A mellor postura que podía ter era a de estar encorvado coa cabeça para baixo, e a man na fronte, pero volvo sentir máis convulsións, e velaí veñen máis vómitos, nos que case boto completamente o estómagho fóra, porque xa non tiña nada máis que botar.
Cando ghomitaba, xusto nese intre, o pensamento recaía continuamente nos meus propios defectos, conflictos e sufrimentos ocasionados a través da miña vida. Era como un automático que volvía continuamente a eso.
Estiven a punto de botarme á autovía e parar o primeiro veículo que pasase, para levarme por urxençias a un çentro médico ou a un hospital.
Ighualmente na mesma estrada que vai para Vilatán, deter a quen pasara, e de non vir ninquén pola autovía ou pola estrada da aldea, ir eu mesmo a calquera casa deste lughar e tocar o timbre para que me axudaran.
Sen embargho, non sei porqué, quixen esperar confiado en que a bebida destas plantas actuase canto antes e rematase axiña. Por outra parte xa deçidira esperar uns minutos máis haber se todo se estabiliçiba.
E así e todo, non estaba na miña intençión comprometer as prácticas dese home que me façilitara este destilado de plantas da selva. Quería chamalo por teléfono, pero non tiña saldo no meu móbil.
Desexaba apurar canto antes este baleirado interior do meu aparato dixestivo, polo que despois de toda esta restra de vómitos, vendo que presentía dentro alghún repouso, dispúxenme a provocar artifiçialmente os vómitos cos dedos na boca.
Pensando que ían rematando os estertores das arcadas, aí me veñen conatos de diarrea que deixo que saian protexido entre a silveira e o coche, arranxándome como puden, e volvendo a incorporarme.
Estaba totalmente destemplado, acabado, atemoriçado, tiña frío, estaba con calafríos, anghustia, medo, iñorando a que podía conduçir todo esto.
Non desexando coller unha pulmonía, agharrei a chaqueta no veículo e vestina fóra, para logho entrar e sentarme no asento traseiro, pensando de descansar un pouco. Pero seghuía mal, e non atopaba equilibrio e benestar.
Volvín chamar de viva vos a quen me façilitou todo este composto, recorrín ás súplicas a tódolos entes de enerxía, a tódalas escalas, a tódolos niveis, a tódolos seres queridos, pedín perdón por tódalas ofensas causadas, polas miñas imperfeççións, ...
Desexei ben para todo o mundo, sobretodo contra quen puden ter confrontaçións e puntos de vista distintos. Cuestioneime todo o que conformaba as cousas da vida, e a súa estrutura ...
Saín e entrín no coche varias veçes, porque dábanme náuseas con conatos de vómitos e diarreas, ao mesmo tempo neçesitaba aire fresco e cando sentía frío volvía entrar nel. Subía os cuellos da chaqueta ata riba para entrar en calor.
Conçiençia que estás máis alá da miña propia conçiençia, ente ou enerxía que todo o abarcas, ¿qué fagho aquí, por bondade? ¿Foron as propias çircunstançias a causa encadeada e suçesiva da fatalidade que me fixo vir a Monforte de Lemos, ou é un produto da casualidade "dentro dun orde preconçebido" que estaba proghramado a ser?
Por favor, axuda. Auxiliádeme todalas enerxías positivas, con tódolos seus niveles e escalas, desde a máis baixa ata a superior. Seres queridos vivos e mortos, avós añorados por ambas partes, tódolos seus antepasados, tódalas deidades das distintas relixións, todo, todo en absoluto e en particular, por favor, axudádeme a saír daquí.
Estaba sudando, ao mesmo tempo destemplado, con friaxe, debilidade, moito malestar dixestivo e do corpo en xeral, anghustia, desesperaçión de mente e espírito.
Aterrábame que atopasen o meu cadavre ao día seghuinte alí mesmo. E que meus pais, familia, seres queridos e conoçidos se preghuntaran que façía eu por aquí, e a esas horas intempestivas. Non podía soportar imaxinar a dor dos máis acheghados, vendo todo xa rematado.
Se estivera o ghuía xunto de min, explicaríame todo, pero mesmo así, posiblemente eu tampouco sabería que pensar de todo esto.
Tal como estaba podía darme calquera cousa, un ataque cardiaco, unha lipotimia ou un desmaio non recuperable, deshidrataçión, ...
Con estes síntomas de vómitos fortísimos e intermitentes, con diarreas intercaladas, debilidade, e todo o que fun describindo anteriormente, so na soedade dese pequeno camposo baixo as nubes, claros e estrelas, cheo de frío, sen nincún coche que pasara por nincún lado, privado de alghuén que me botase unha man, pedía axuda a todo canto había ou deixaba de haber.
Sentía pesar e desexáballe ben ás persoas íntimas que tivera lastimado ou ofendido, así como a calquera outra çercana ou lonxana, ..., anque aghora xa pasara o tempo.
Reneghaba de toda falta cometida por calquera vía que pudera ter causado trastorno e dano a todo ser ou criatura, así como aos demais.
Solo desexaba amor e benestar a todo ser e criatura, porque nunha situaçión tan ghrave e crítica como a que estaba vivindo neses intres, o meu coraçón pedía urxentemente purghar os sentimentos ata o seu último recuncho esquençido.
Pouco a pouco estes síntomas foron perdendo intensidade, e quedaron suaviçados, anque non a debilidade e o malestar xeral.
Logho de ter remitido prinçipalmente os vómitos e as diarreas, aghás os síntomas restantes, arranquín arredor das dúas da madrughada deste camposo de Vilatán, pertençente ao conçello do Saviñao, e retomei a autovía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario