Animais de todas as terras e climas,
Escoitade as miñas alegres novas
Do tempo futuro, que será dourado.
Cedo ou tarde virá o día,
O Home tirano será destronado,
E os fértiles campos da Inglaterra
Serán percorridos só por animais.
As argolas desaparecerán dos nosos fouciños
E os arreos das nosas costas,
Freo e esporas se enferruxarán para sempre,
Os chicotes crueis non estalarán máis.
Mais ricos do que é imaxinable,
Trigo e cebada, avea e heno,
Trevo, feixón e remolacha,
Todo será noso nese día.
Brillarán vivamente os campos da Inglaterra,
Mais límpidas serán as súas augas,
As súas brisas soprarán mais doces,
No día en que formos libres.
Por ese día debemos todos traballar,
Mesmo morrendo antes que despunte;
Vacas e cabalos, gansos e pavos,
Todos teñen que loitar pola liberdade.
Animais de Inglaterra, animais da Irlanda
Animais de todas as terras e climas,
Escoitade as miñas alegres novas
Do tempo futuro, que será dourado.”
George Orwell publica en 1945 “A revolta dos animais” ( “Animal farm”)
Onde os animais oprimidos dunha granxa, liderados polos porcos, revoltanse contra os homes, que, tras o trunfo da revolución, serán expulsados da mesma. Pouco a pouco, o idealismo dos animais corrompese e os porcos, que teñen o poder, caen na mentira e o autoritarismo.
“... Os animais que estaban alá fora, ollaban dos porcos para os homes, dos homes para os porcos e novamente dos porcos para os homes, e xa non era posible dicir quen era quen.”
Orwell participou na Guerra Civil Española do lado dos troskistas do POUM en Barcelona polo que a fundación Andreu Nin ten un grupo de enlaces interesantes.
Orwell está na biblioteca do IES. As Mariñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario