sábado, 29 de mayo de 2010

HOME SOLITARIO, por Victor Aneiros Band





¿Como te chamas?,

¿cal é teu nome?.

Non me importa,

pero tampouco me agrada,

espertar con alguén,

que non me fala.

Conteiche as miñas penas

e tamén os meus fracasos


Será o tino,

ou o instinto,

tan longo camiñar

esixe estar bébedo

e pechar por derribo,

denantes dos vintecinco.

Son un home solitario

e necesito axuda


Sucias tabernas,

corazóns solitarios,

ollos rachados,

inxustos calendarios

Por moitas follas que me caian,

seguirei sendo unha árbore.

Argumentos non me faltan,

son un home solitario.


O pasado é pesado,

fresco por dentro

por fóra rancio.

A vida é unha droga dura.

Acostumado ás letras,

quitareimas a prazos.

Son un home solitario

e necesito axuda.

No hay comentarios: