Deçidín ir abrindo camiño sobre a marcha, e cando non soubese a ruta que coller xa preghuntaría a quen encontrase nese momento pola estrada
So tiña claro que era neçesario cheghar á saída de Santiagho e polos puntos cardinais deçidín escoller a ruta despois de saír do Castiñeiriño.
Alí preghuntei e dixéronme que tiña que ir en sentido Silleda, Lalín, ...
Estaba algho debilitado coa dichosa dieta tratando de levala da mellor maneira que puden ao pé da letra. Intentara non probar ghraxas, evitar sobre todo carne de “chancho”, é diçir, de porco, tamén comidas pesadas, prebes ou salsas. Dos outros aditivos e exçitantes como café, chocolate, alcohol, tabaco, ..., non tiven problemas porque nunca os consumo.
Do resto fora comendo o normal, sen comentar nada máis eses fins de semana na casa de meus pais, so o estritamente neçesario, aleghando que o médico me mandara seghuir unha dieta debido a unha posible ghastroenterite.
Por todo o que me contaran desta práctica, intuía que nas condiçións que ía eu, e sen apoio de ninquén, estaba actuando dun xeito insensato e ignoraba como se chegharían a desenvover as cousas.
Pero de tanto escoitar desa planta milenaria, e do seu traballo interior, non quería deixar pasar máis tempo xa que esa persoa podía irse e xa non tería a ninquén a quen acudir para experimentar con ela.
Despois do que o compañeiro me contara no parque, como tamén por teléfono sobre a planta, e das súas contadas sesións de ayahuasca feitas en ghrupo na presença deste ghuía, dábame algho máis de seghuridade para embarcarme neste experimento.
¿Canto era o camiño que tiña por diante? - Seghuramente un par de çentos de quilómetros. ¿Como me afectaría á mente e ao corpo para vir á volta de noite? – A saber. ¿Estaría ben para traer o coche e podería cheghar á casa para erghuerme e volver traballar á mañán do martes? – Quixera ser adiviño para previr calquera situaçión antes de que pasara.
Fun recorrendo o camiño e adentrándome máis no interior do territorio, cunha oroghrafía repleta de chairas verdes, bosques frondosos, montañas que ían en asçenso, ..., ríos que xurdían anchos e brillantes, pontes de pedra amplas, e outras de nova construçión, ghando paçendo e explotaçións ghandeiras, …
Todo o que se podía ver cando se vai detida e relaxadamente era o que se pode describir, pero o meu ánghulo de visión estaba çentrado na estrada e os seus indicadores, porque desconoçía o camiño a seghuir, e so me quedaba atender ao volante para atopar a direççión correcta.
Nas indeçisións da ruta, trataba de mirar ben os sinais e se nalghún momento me pasaba, voltaba atrás e volvía preghuntar.
Desde a miña saída pasei por distintas aldeas, lughares e pobos.
Como puntos de referençia sabía que debía cheghar ata Silleda.
Alí estaba ela, localidade feita a sí mesma, como reflexo dun león dourado e coroado, aghrupadora do mundo dos distintos sectores que desenvolve a “Semana Verde de Silleda”,
a cal atravesei para continuar avançando ao meu propósito.
Despois de soborpasar Silleda atopei unha ghasolineira, na cal parei a encher o depósito, e de paso, coa fin de aseghurar a miña ruta, preghuntei a unha señora se ía ben encamiñado a Monforte de Lemos, confirmando a miña intuiçión.
Seghuindo recto había de toparme con Lalín, e despois dalí debería ir mirando os indicadores que estaban ben sinalados.
Alí estaba esa localidade conoçida como o punto çero, cunha árbore no seu escudo, a coroa, ....
Pero sexa Lalín, fose Silleda ou calquera outra localidade, cando medran, son pareçidas e fai apariçión o feísmo coas súas alturas e encaixonamentos, polo que tódolos pobos que se propoñen medrar en dimensión, tenden en maior ou menor medida ao mesmo.
Van xurdindo pequeniñas entidades de poboaçión, e alghunha destacable coma o Rodeiro,
Ten nunha rotonda çentrica unha enorme roda de carro esculpida en pedra, de aí a importançia do carro durante milenios como medio de transporte polo territorio.
Retomo a marcha e nun determinado punto do recorrido começa a subir a altura, e van apareçendo as montañas de altitude, que nun momento se estabiliça nunha chaira de altura cos seus campos e casiñas, sobresaíndo unha serra máis elevada do Monte Faro que se prolongha, e na que se enclavan xighantescos muíños de vento.
De aí a estrada sofre un baixón con pendente perighosa, na que hai que fixarse nos freos,
e vai discorrendo unha chea de kms, cando de súpeto nunha curva apareçen os famosos canóns de vertixe do río Sil.
Viñedos prácticamente colghantes cos seus muros para sostelas viñas como cultivo máis extendido, aparte doutros froitos.
Fan apariçión alghunhas ighrexas, outras construçións relixiosas, explotaçións ghandeiras, moito bosque con espeçies típicas desas latitudes e o embalse de Belesar, sinal de inundaçión do entorno que ocupa.
As subidas e baixadas eran moi pronunçiadas e de tramos continuos, como nunha onda de braço lonco. En çertos puntos había máis tráfico que noutros, con camións de cargha, vehículos pequenos, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario