domingo, 30 de noviembre de 2008

¿¿¿¿¿¿¿¿NO 2003 OU O ANO PASADO?????????????

Canto tempo, se parece que foi onte cando se fixo esta foto, non me digades que os compañeiros que saen cambiaron tanto; pero eu diría que esta foto foi feita no 2003 por algún concerto de Loquillo ou dos Rollings, ou o ano pasado cando estivo en Boiro, este oh!! ah! xa me lembro, Beethoven???????......

A ver quen me di o nome dos susoditos, si os que aparecen na foto, e tamén o ano e que facía esa Coca-Cola no medio.

Aclarádeme que eu xa me perdo con esto da febre do sábado noite.




Agora o vídeo que este seguro que é Beethoven, ou non????



E lembrade que todos estes acertijos partisipan no jran concurso final para o 30º Aniversario.

sábado, 29 de noviembre de 2008

RECEITA PARA FACER BEBES.


Con isto da maioría de idade aprendín algo que é moi importante, éche isto de facer nenos, dareivos a receita pero tedes que lembran que se o intentas ti so non sairán.


Daréivola en castelán, e espero que vos guste, esta receita é completa, cos seus ingredientes, modo de preparación e consello.


INGREDIENTES:

  • 1 tabla para picar (cama matrimonial, sofá, mesa... incluso el suelo).
  • 2 personas de sexo opuesto (insustituible).
  • 1 papaya no muy arrugada.
  • 1 plátano (tamaño según gusto).
  • 2 peras (también se pueden utilizar melones).
  • 2 huevos.
  • 1/4 oscuro.
  • 200 grs. de aguante.
  • Abrazos y besos al gusto.


MODO DE PREPARACIÓN:

  • Se meten las 2 personas en 1/4 oscuro, se acomodan en la tabla para picar, se amasan durante 10 a 20 minutos a temperatura ambiente y se acomodan besos y abrazos (las peras son decorativas por lo que se recomienda escoger las de mejor aspecto).
  • Cuando el conjunto esté bien sazonado y bien caliente, se rellena la papaya con el plátano y se agitan los huevos fuertemente durante 20 a 30 minutos (ahí es donde se aplica el aguante) hasta que se forme una crema que se vierte en el interior de la papaya. Luego se saca el plátano (o lo que queda de él) para volver a utilizarlo en otra ocasión.
  • Se deja reposar la mezcla durante 9 meses en el horno y... ya está.
  • Cuando haya alcanzado el tamaño óptimo y esté bien esponjadito, se saca al bebé y se limpia el molde.
  • Si se desea otro bebé se debe dejar reposar el molde durante 40 días antes de preparar otro.


CONSEJO:


Si le gusta cocinar por placer, envuelva el plátano con una cubierta plástica para evitar la mezcla y poder prescindir del horno.

viernes, 28 de noviembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO - 5.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO V - RUNS 66 - LUIS FERREIRÓS.

EPISODIO V-RUNS 66

Atravesar a aldea de Runs era todo un desafío para os meus blandos ósos, a beleza do lugar era altamente valorada, así como as súas xentes, as soleadas viñas, o pedregoso camiño,….todo lucía de un modo espléndido, pero algo respiraba no ambiente que facía que os nervios comenzansen a axitarse en min e que facían saltar en min unha preocupación especial; Poñerme a proba nesa situación era alomenos unha tarefa con certa dose de risco, simplemente por un pequeno e insignificante detalle que ós ollos dos meus compañeiros de aventura resultaba invisible, non así ós meus.




Runs tiña o privilexio de ser, xunto con Rosadelas, o lugar con maior densidade de poboación canina de todo o concello, polo tanto a situación viña marcada por certa dose de perigo que aparecía presente en cada un dos innumerables recunchos da aldea, en cada paso que necesitaba ser camiñado para atravesar o núcleo e alcanzar unha nova etapa,…a canteira.

Desde moi pequeño sentía especial temor polos cans, non importaba o tamaño nen o peso do animal, simplemente tiñan dentes; De moi fora mordido polo Beauty (Viuti), fillo da Pitusa; O nome puxerámollo en homenaxe a un cabalo dunha serie que os meus irmáns e máis eu veíamos na vella televisión Inter , que estaba emplazada na vella salita con sofás de Sky verdoso situada na Rúa de Calvo Sotelo; O can en cuestión fixera da pequena horta sita na parte de atrás, lindando coa horta de Tita, a súa fortaleza persoal, e alí , no medio de xogos e brincos que facían a ledicia de dos nenos da casa e numerosos primos, sacou un día a súa dose de Mala Ostia e chantou a súa dentadura nos meus dediños, deixando neles unha cicatriz quetodavía perdura e acompañará a miña man polo resto da vida.

Tamén cando ía ó campo da misión, para poder xogar co resto dos nenos da vila, facían a súa aparición, coma se dunha pagla bíblica fora, Moisés e máis Elías, que non eran outros que os fillos dos propietarios de Foto Estudio Imelda, unha tenda de fotografía que estaba en General Sanjurjo; Estes dous infantes, malos como o demonio, sempre traían consigo unha récoa de cans, (lembro con un medo especial a Niebla, un pitbull branco),que facían que baixo a máxima de “¡o que ten cú ten medo!”, procurasemos refuxio encaramándonos na Bola do Mundo, monumento máis importante dos vellos columpios de ferro que constituían a vetusta área de recreo da cal gozaba o outrora centro lúdico da vila.

Apareceu Manuela, que viña de volta coa leiteira baleira colocada na cabeza, descansando sobre un molido feito de pano vello, e saudando coa man enfiou camiño do cruceiro onde quedaba a súa casa.


Nós continuamos a pesar de que algún can saiu ó camiño, os animais non traían malas intencións , só querían cheirarnos o cú e daban volta movendo o rabo a modo de limpaparabrisas, pero a medida que estabamos alcanzando o cruce no que a pista da dereita leva ó Ordenario, escoitamos como iba chegando ata os nosos oídos....... un triste cantar.

jueves, 27 de noviembre de 2008

AMISTOSAMENTE DE RAMÓN LAÍÑO.

Hola amigho Ángel Abalo, compañeiro .

Non o tomes a peito, pero de verdade que polo nome non me dou conta de ti. Estou tratando de lembrarche pero non me vén a cabeça unha imaxe clara do teu físico. Eu deixara o instituto no ano 87. Seghundo comentas ti entrastes a finais dos 80 e prinçipios dos 90.

Non sei se coinçidimos nalghún COU. Intento buscar imaxes pero polo nome non caio. Quixera ter unha memoria lúçida e máis retentiva.

Non é porque non queira, pero fáiseme difíçil acordarme de tódalas caras da xente coa que estiven en cada curso.

Dentro da mesma clase de calquera ano, a mente tende a revivir imaxes borrosas das filas máis achegadas da clase e aínda así se lle esqueçe alghuén, con máis motivo a clase completa e xa non dighamos de todo o instituto.

Por se non fora pouco, a todo esto hai que sumarlle a contía de cursos que repetín e a cantidade de xente que foi pasando neses anos polas aulas nas que me foi tocando.

Non estou seghuro se fomos contemporáneos do instituto nalghún ano, pero, en caso de selo, descúlpame por se alghunha ves nos temos cruçado pola rúa e pasara sen dárme conta de ti.

Pode ser ese o motivo de non saudarche. Outro pode ser a présa coa que anda un. Existe tamén a posibilidade de se a outra persoa vai en ghrupo porque me costa bastante interrumpilo cando vai en compaña.

Con frecuençia tamén dubido das caras, e anque me cheghuen a soar de algho, non loghro situar onde e como as conoçín. Por iso dáme reparo saúdar, porque penso que podo incordiar.

A saber tamén como cambiaron as nosas caras e o físico despois de tantos anos. Eso despista bastante.

Créme que sempre trato de ser o máis correcto posible e non me sentiría felis de non saudar á xente coa que convivín nalghún momento da miña vida.

Querido amigho Angel Abalo, se nalghunha ocasión me vés pasar, por favor saúdame por se non me dou conta de tí.

De tódolos xeitos, se de verdade pensas que che conoço, o lóxico e saudarvos a todos, xa que creo que a día de hoxe non teño porqué non falarvos.

Outro factor é a persoalidade de cada un. Eu téñome por tímido. Esto pode influír na confiança que exista entre os antigos compañeir@os, ou calquera persoa en diferentes ámbitos da vida. Se me vés, por favor, dá un paso adiante para saudarme e eu correspondereiche.

Apreçiado amigho, xa sabes que en todo momento da vida existe a premisa, por diferente que sexa a profesión, ou na vida privada de cada quen, de façer calquera traballo o mellor que se poda para que todo saia ben.

As cousas xurden como lle cadran, seghundo o contexto do momento. Sexa quen for, un/unha sempre está aprendendo e acumulando experiençia.

A vida e os seus momentos son imprevisibles. Non se poden medir, nin calcular. Apareçen cantidade de feitos que non podemos prever: actitudes, descoñeçementos, sorpresa, interpretaçións, aççións e as súas respectivas reaççións das propias persoas, e todo tipo de factores ambientais externos que condiçionan o ser humano.

Todo este cóctel xurde cando menos se espera. Calquera de nós, cos seus distintos ghrados de responsabilidade, sexa dirixindo ou reçibindo indicaçións, tratamos de que todo vaia e saia ben, tanto dentro dos horarios de traballo coma fóra deles.

É positivo tentar crer na boa vontade das persoas. Profundiçemos na propia esençia do ser humano.

Róghoche que non me tomes a mal o que che escribo e permíteme ser teu amigho.

Un saúdo. Ata sempre.

Ramón

miércoles, 26 de noviembre de 2008

IES BOIRO, por Ángel M. Abalo.

Non tódolos recordos que rodea ao intituto de Boiro son unha área máxica de contos de hadas, algúns xa o sabedes e o deixástedes na escrita. Non todo é tan nostálxico como miña prima a administradora do blog relata nesta súa casa. Eu vouvos a contar a miña curta historia. Unha historia de encontro co centro estudiantil mencionado.


Corrían os últimos anos da década dos ochenta ou os primeiros da do noventa (a memória sempre me flaqueou. La memoria es la inteligencia de los tontos segundo Marco Tulio Cicerón) e decidín matricularme en COU en Boiro.


Había estudiado en Ribeira. Nunha Ribeira emerxente con gañas de erexirse a capital do Barbanza. Unha cidade a desenvolver con alunos e alunas drogadictos, con manifestacións a cotío, e todo o que se dixo, pero con profesores que trataban aos alun@s moi dignamente, coma persoas que éramos… Pero ben, seguirei en Boiro para non alonxarme da historia.


Lembro que Filosofía (empezamos polos presocráticos) dábanola un mestre chamado Pepe que ademáis era o noso tutor (segundo os meus compañeiros un tío moi legal) Un dos primeiros días que chegou á clase señaloume co dedo e con voz impenitente de inquiridor exclamou: “Ti, abre a persiana”, supoño que pola miña proximidade á cinta de apertura. Eu, sen moverme, mirando coma ao despectivo repliqueille: “Ábrea ti, homiño, ou senón chama ao conserxe que a veña abrir el”. Como non se esperaba a contestación quedou sen saber que dicir cun sorriso artificial. Ao fondo da clase oíuse un murmuriño infantil “mimá o que tal lle dixo”. Non faltou que apresurado abreu a persiana.


Outro día chegou á aula e dixo: “A ver, hai que elexir un delegado e un subdelegado” e acto seguido sinalou aos dous máis perto a el e rematou: “ti vas a ser o delegado e ti o subdelegado”. Todos calaron e deron por boa a elección democrática. Todos non, eu soltei un “que paiasada máis grande” e coido que abandonei a aula.


De tódolos xeitos sentía que o trato cos profesores (a meirande parte deles, porque tamén os había moi decentes) era un trato dun adulto a un neno pequeno. Semellaba que regresara na máquina do tempo ao meu pasado cando cursaba EXB. Non daba crédito como podían tratar así aos alunos, de feito llo teño comentado a moitos dos meus compañeiros.


Pero iso non era o que eu quería contar aquí. Unha mañán fría de inverno coas mans nos bolsos dos pantalois, por non sacalas á intemperie, agardei a que dous cativos abriran a pesada porta da entrada. Cando o fixeron apureime a entrar. Ao traspasar a soleira chegou um home increpándonos: “Fóra de aí, fóra, vós non sodes deste instituto”. Os outros dous saíron escorrentados para o exterior desandando o camiño. Eu enfrenteime a aquel energúmeno que seguía proferindo improperios e díxenlle con ánimos calmados: “Mira, homiño, vamos a ir á secretaría e alí comprobas se estou ou non neste instituto”. Casi instintivamente nos diriximos á fiestra da secretaría a preguntarlle a unha rubia que era (se mal non recordo) de Cesures que tiña de todo menos cerebro. “¿Este chabal estudia aquí?” A rubia, mirándome polo rabiño do ollo conclueu: “Non”. Eu, xa medio cabreado saquei o DNI e arreboleillo de mala gaña. “Busca en COU – A, rubita”. Despois de buscar dou coa miña ficha. “Ai si,si, está aquí”. Ben, pois lonxe de retractarse e pedirme perdón segueu rebuznando: “Bueno, ti serás, pero os dous amigos teus non”. Xa non quixen engadir máis senón acabaría pegándolle unha patada. Cando ía subir as escaleiras ollei para os nenos que estaban fóra e coa pesada porta entreaberta, “é que nós tamén estudiamos aquí”, dixéronme agardando que os salvara desa situación. Seguín subindo. “Espabilade que xa tendes idade”.


Xa no recreo, na aula 10 (para que nos entendamos, na cafetería de Angelita) tomando un bocadillo cos meus amigos entrou pola porta o persoeiro da primeira hora da mañán. Tan pronto o vin pregunteilles en voz alta: “¿Quen é este figurín?” Os meus amigos baixaron a cabeza e con voz baixa e nerviosa contestáronme: “É Rodrigo, o director” Sin amilanarme e con máis carraxe ca nunca gritei todo o que puden: “!Vaia director máis ghilipollas temos que en vez de dirixir o instituto exerce de bedel!” Cando mirei para a porta xa se marchara.


Con isto non quero dicir que as cousas non melloraran e que Rodrigo no sexa unha excelente persoa, pero ás veces, as cousas non son como suceden senón como a sensación que nos deixan non corpo.


Por certo, Ramón Laíño, decirche que sempre che admirei pola túa sinceridade aínda que agora pasamos un frente ao outro e nin nos saudemos.

Ángel M. Abalo.




Nota Administrador: Todos os artigos que nós chegan lémolos sempre e tamén os publicamos, e cando algún artigo alude a algunha persoa e a nomea sempre facemos o posible para que os aludidos poidan lelo antes e teñan sempre dereito de replica.

O único que queremos é que sempre que se aluda a alguén se faga dende o respecto como dixemos dende o primeiro momento.





Agora un vídeo para amenizar a noite e para levarnos a outra época, adiviñade de quen se trata. E xa sabedes que todas estas adiviñanzas participaran no gran concurso final cando isto se peche.

martes, 25 de noviembre de 2008

CANDO SEXAMOS MAIORES.

Alguén dixo unha vez:

Cando sexamos maiores non esquezamos que para a noite se fixeron os contos, os reis magos, os trasnos bos, de que cando se achega o sono fai falla ter preto a voz dun avó.

Non esquezamos que nun camiño cabe o mundo enteiro, de risas, que non hai mar tan noso coma o que vemos, que o que semella lonxe sempre esta preto.

Non esquezamos das marabillas que se gardan adentro, das cousas sinxelas, dos vellos caixóns, das flores, das semillas.

Cando sexamos maiores, será bo ter como amigos ós animais e entendelos, ós paxaros e voar xunto a eles.

Non esquezamos que un bico é unha maneira de quedarse nalguén, que sempre hai un momento para unha caricia, que o amor é o todo, que a tenrura é nai, que hai que estar cedo cando se fai tarde.

Cando sexamos maiores non esquezamos a fantasía, o sol, os xogos, os cumpleanos, o circo, os paiasos, os bonecos, e a fermosa costume de dicir: quérote.

A vida é unha viaxe, e nesa cuestión mellor asento de ventanilla.

Nunca deixedes de soñar, de xogar, de bicar, de acariciar, de amar...

E nunca te esquezas ó ser maior da marabillosa virtude de saber perdoar.

"Autor descoñecido"

lunes, 24 de noviembre de 2008

CRONICAS DO CAMIÑO: OS SEÑORES DO CASTELO-EPISODIO IV - Nowhere to RUNS - LUIS FERREIRÓS

EPISODIO IV- NOWHERE TO RUNS

Baixar pola pista de Runs producía en nós unha agradable sensación de descanso, as nosas pequenas pernas agradecían a costa abaixo posto que ,excepto as de Dani que quedara campeón galego infantil de salto de altura, os demáis non eramos precisamente uns atletas.

Xa estabamos os catro armados con cadanseu caxado no que poder apoiar os nosos corpos e a tranquilidade do entorno xunto cos momentos de expontáneas gargalladas que anteriormente pasaramos, facían que os nosos abertos pulmóns disfrutaran de cada bocanada de aire puro; O murmurar do Coroño aparecía adiviñado polos nosos oidos máis lonxe que preto,pero sempre ó noso alcance.

Deixamos a pista principal guiándonos por un aroma que chamaba por nós e guiándonos polo olfato chegamos á granxa de conexos do Tahamata, o arrecendor a caghalla,significativo da actividade económica que naquel ghalpón era practicada, invadía o aire e animábanos a apurar o paso para poder deixar atrás o aroma asasino.

Sempre sentín moita pena polos conexos que eran hacinados naquel Mathausen cunícula, onde apenas tiñan espazo para facer movementos, e total para morrer, era un lugar lúgubre que non era do meu agrado, pero era o camino máis seguro para alcanzar a nosa senda que pasaba por un dos lugares máis bonitos do Val do Coroño, Os Pasales,o non falo dunha sala de festas da veciña vila de Noia, non, senón ó sitio fronterizo que comunicaba con Runs, por onde os nosos antergos accedían sen ter que pasar polo atranco de chegar cos pés mollados, evitando así gripes e visitas a Don Pepito que normalmente eran pagadas con ovos, leite, grelos ou algún outro producto alternativo que a terra ofrecía.

Ante nós o noso Rubicón privado, e nós sen licenciar, pasar aquel río significaría a non volta atrás, marchar sobre Runs sn remisión,a agradable sensación de facer equilibrios coas mochilas ó lombo sobre os pasales só podía ser comparada coa ledicia de aquel ser que dalgunha maneira regresa ás orixes, que rompe co mundo e cásase coa terra, a liberdade que oferta o primitivismo, ausencia de regras, de convencións sociais… Nós e o río, e polo medio uns pandullos, volvíamos a ser persoas, igual que os nosos anciáns.

O obstáculo foi pasado , non sen amagos de ternos botado ás fauces bravas do Coroño,e continuamos coa nosa marcha. O trekking por antre as leiras era do agrado de todos, arrancar herbas,metelas na boca, tirar piñas ó río, atravesar viñas, leiras de millo , de coles,… e poder facer una lenta e disfrutada observación da paisanaxe doblando o lombo para gañar o sustento, con mans calosas, frente suorosa, viseiras de Piensos Biona na cabeza,… a terra, o sustento, a nai.


Rematado o tramo final da ruta alternativa, albiscamos por riba dos pés de millo un pequeño grupo de casas, coroadas por un cruceiro que custodiaba un antigo pazo ou casa rica de labradores…. Ante nós apareceu, coma una visión de Shangri-la e alí estaba …Runs.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"

Crónicas do Camiño "Noite de Difuntos"

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

domingo, 23 de noviembre de 2008

¿THE SEVEN YEAR ITCH?

A festa desta noite aínda segue e non podo dicir nada máis que eu son a protagonista dista película, pero se me dicides cal é o resto do reparto, director, ano de estreo e o título que se lle deu no noso país participaredes no sorteo para protagonizar a nova película da que Luís esta a escribir o guión.

Veña a traballar un pouquiño, que de seguro que este acertijo é ben fácil.



Un vídeo da época, dareivos unha pequena pista este tema ten dous anos máis que a película que protagonicei tentando a todos, jajajaja.



Á espera das vosas respostas, daremos a coñecer ós gañadores o 29 de Febreiro do 2009 e sairá publicado en todos os xornais da comarca, estade atentos.

sábado, 22 de noviembre de 2008

MÁIS DIFÍCIL AÍNDA ESTE ACERTIJO.


Hoxe voume de festa, que por fin son maior de idade, eso, que xa cumprín dezaoito, mentres tanto outra foto para a posterioridade, e desta teredes que darnos os nomes de todos, ¡¡¡todos!!!, así que avisade a:
CSI, COLOMBO, MIKE HAMMER... e participaredes no concurso, ¿haberá premio?*



*Esquecíame o que acerte esta encrucillada irá de viaxe a onde se sacou a foto, pero antes tedes que dicir onde é tamén.




Un vídeo para o recordo e que bailedes un pouco como vou bailar eu esta noite, que conste que entra dentro do concurso averijuar de quen se trata.


viernes, 21 de noviembre de 2008

BOIRO, por José Antonio Viña.



Determinadas obrigas persoais impedíronme asistir á cea de aniversario pero o asunto fixo retornar á miña memoria aqueles comezos do curso 1983-84 en Boiro.


A Consellería de Educación convocou un concurso para dotar de Equipo Directivo a seis institutos que abrían ese curso. Para o de Boiro fomos destinados José Mª Proupín, como Director, Pilar Lorenzo e eu para os demais cargos.


A primeira reunión desta primeira Directiva do que se chamaba Instituto de Bacharelato de Boiro celebrouse no Instituto Xelmirez de Santiago, no edificio que, xustamente ese ano pasou a ser se administrativa da Xunta de Galicia. Creo recordar que eran os últimos días de xullo de 1983. Decidimos o reparto dos restantes cargos: dende ese día Pilar era a Secretaria e eu o Xefe de Estudios. Acordamos empezar a traballar en agosto pois poñer en marcha un instituto dende cero.


Nos primeiros días de agosto tomamos o primeiro contacto. Reunións co Alcalde e visitas ás obras do edificio. Incluso se chegou a ter unha asemblea cos pais dos futuros alumnos. Había unha enorme ilusión en Boiro pero nos ademais estabamos moi preocupados. O novo centro educativo ía abrir con tódolos niveis e un número elevado de alumnos pero o edificio estaba moi verde. Era imposible que puidera estar rematado para comezar as clases primeiros de outubro.


Montamos a se provisional no Concello, onde se nos deu todo tipo de facilidades, pero quedaba un longo e dificultoso camiño. Estaba todo por facer: dende os carimbos e sobres con membrete á alta da liña telefónica. A matrícula dos alumnos, a organización de grupos e horarios. Logo viría a instalación do nobiliario sen ningún tipo de axuda.


Comezámolo curso compartindo edificio cos obreiros, movéndonos de pranta ó seu ritmo. Non había despachos nin para o Equipo Directivo. O persoal de secretaría (Mari Carmen García) e o conserxe (Juanjo) chegaron co comezo do curso. Un detalle que pode ilustrar a precariedade do momento é que os primeiros escritos rexistrados nese Centro están escritos á man. Non había máquina de escribir.


Esta descrición non debe ser interpretada en clave negativa. Simplemente quero deixar constancia de que as cousas custan esforzo pero o que importa é o resultado final. Teño un grato recordo daquel curso porque todo o mundo arrimou o ombro. Os alumnos tiveron un comportamento e dedicación excelentes,o profesorado aguantou as dificultadas con ilusión e contamos en todo momento coa colaboración dos pais. Sacamos a diante un curso moito máis ca normal. Non podiamos defraudar a aqueles alumnos e pais que estando nos últimos cursos en Ribeira ou Padrón apostaron por un Centro que parecía unha aventura no mes de outubro.

Improvisei estas notas sen reler nin correxir pero compréndese que hai tema. Seguro que esta historia a podía escribir moi ben Proupín, pero xa non está entre nos.


Seguín dous anos máis en Boiro. Custoume marchar pero sentín a chamada do meu Bergantiños da alma e aquí estou dende hai xa vintedous anos.


Un saúdo para todos

José Antonio Viña