De ves en cando véñenme flashes escasos e intermitentes da miña nenes. É todo un barullo de lembranças pobre e sen orde nin continuidade.
Postos a recordar atópome na casa de meus avós maternos, Ramón e Esperança, en Cures de Abaixo. Os avós paternos, Luís e Manuela do "Caseiro", que tamén vivían na aldea, funos conoçendo cando empeçín a explorar o que me arrodeaba.
Naçín como a maioría da xente da época na casa. No meu caso foi coa axuda dunha comadrona de Abanqueiro, "Ramona a Lura".
A miña primeira vivenda e sempre conectado a ela foi a casa de meus avós maternos. É unha casa de pedra de porpiaño, de "cantería", con dous andares que daquela tiñan piso de madeira o cal renxía cando se andaba por el e sentíase o camiñar da xente desde o piso de abaixo. Ten aínda hoxe en día unha bodegha de pedra co seu fuso cun contrapeso pétreo, un laghar, andeis de pedra para os barriles: bocois, pipas, medias pipas, tinas. Tamén un baño do porco, para salghar a súa carne.
No mesmo asento da casa está a eira cun hórreo onde se gharda o millo ou calquera outro froito que requira do aíre frío para ser curado e conservado. Na paneira, parte inferior do hórreo, era onde se recollían de noite as ghaliñas que polo día estaban soltas pola eira. Enfronte do hórreo, a carón da parede da casa está a pía con augha e dentro dela unhas pedras de afiar fouçiños, ou calquera obxeto cortante, chamadas esperóns.
A casa prinçipal onde se vívía está peghada, como daquela, á casa vella que consta dunha lareira co seu banco de madeira e a respectiva chaminea. O pote co tres pés e a ghramalleira. Unha mesa e bancos de madeira, ambos empotradas á parede e suxeitados por uns tarabelos que se soltan cando sexa mester para baixar a mesa cos bancos. Nun currucho está o allar onde se pon a leña para o lume. Noutra parte a artesa onde se amasaba todo que ía ao forno. Preto da lareira atópase o forno de pedra para coçer a boroa, o pan de çenteo ou o de trigho.
Por unhas escaleiras de pedra chéghase ata o sobrado onde se colocaban utensilios antighuos como unha roda de fiar o liño, unha mesa completa de carpinteiro cos seus aççesorios, apeiros das tarefas de traballo aghrícola, etç. e onde tamén se extendían as patacas, o millo, as nentellas, ...., que non cabían no hórreo.
Outro compoñente adxaçente á lareira e conectado con ela por unha porta interior era o cuberto onde están as cortes dos animais: vacas, puchos, ovellas, carneiros, porcos, bestas, coellos, ... Enrriba dunha das cortes máis pequenas que lle chamamos "pousa" póñense as leghoñas ou lighoñas, sachos-as, horquillas, ghadañas, fouçiños do monte e da herba, pedras de afiar, ...
Ao fondo do cuberto está o sitio do batume para estrar o ghando que consistía en toxos, picaños, fieitos, carroucha, etç. que se apañaba co fouçiño do monte e noutra man cun forcado "Y" e iba en ghalladas (envolto en moreas). Logho disto collíase con horquillas e botábase ao carro das vacas para levar ao cuberto. Noutros lughares, seghundo oín, chámanlle estrume, molime.
Nunha das paredes do cuberto aínda se conserva o baño do peixe con distintas estanterías para as olas, tarteiras, etç... No fondo deste baño púñase o peixe salghado en pilas distintas: xurelos, sardiñas, xardas, ..., e todo aquilo que se consumise naqueles tempos, xa que non existían conxeladores, anque onde esté unha carne de porco ou peixe salghado que se quiten as carnes conxeladas. Meu caldiño querido e miñas sardiñas lañadas.
Nesa etapa aínda non empeçara a andar, e o que façia era chorar, berrar algho, mamar, e despois o resto. Non sei se ría moito, xa que aínda hoxe non o fagho, a non ser que o fose perdendo polo camiño da vida por mor dos seus condiçionantes.
Lembro que estaba nun berçe de madeira que remataba en extremos curvados na cabeçeira e nos seus pés, de xeito que á hora de arrolarme era coma se fora voando coma nunha liña sinusoidal.
Atópome chorando e chamando a atençión, tumbado no meu berçe, o cal estaba no medio da porta dun dos cuartos os cales conectaban ao descanso das escaleiras. Oio ruídos subindo as escaleiras e vexo unha figura alta e forte con roupa ghris e neghra, un ghran bighote e pelo branco. Vexo unhas mans curtidas e osudas que van vindo cara a min que me collen e coa súa vos me consola.
Noutras ocasións a fighura soia ser unha muller alta e delghada, de roupa cor neghra e cun pano da mesma cor na cabeça, que tamén ía açercando as súas mans loncas, curtidas e osudas e as súas verbas deica min co efecto de calmarme.
Nesa etapa creo sentir a presença do meu amigho de compañía, un can de palleiro que lle chamaban "nené". Veu a este mundo comigho e foi inseparable ata o seu fin.
Contémplome a min mesmo reclamando a miña dóse de alimento e polo que alghuén me leva ao cuarto xunto miña nai para que me dera o peito. Era unha sensaçión máxica ver que podía extraer o meu sustento de dúas montañas blancas, redondas e mornas do cal saía un líquido que me calmaba e me façía durmir. Non hai coma o alimento natural.
A todo isto eu aposto pola lactançia materna con todo o que iso conleva: calor da nai, tenrura, latido do seu coraçón, aloumiños máis directos, en lughar do biberón.
¿Que opinan @s semellantes dos benefiçios de dar o peito?
Ramón Laíño.
10 comentarios:
Ramón, tranquilamente podíase montar un museo etnolóxico coa descrición que ti fas.
eu tamén lembro o baño do porco , non hai tantos anos, na casa dos meus (difuntos ) avós aínda salan.
Non quero roubarlle o seu sitio a Ramón, pero este é un día triste.
Recén chegado á casa acabome de enterar do pasamento dunha gran muller, unha muller que viuva sacou a sete fillos adiante, e a todos os fixo xente de ben.
Unha muller que reparteu cariño e traballo para os seus e para os demáis.
A nai de uns dos meus millores amigos, un deles protagonista do último relato que escribín no Blog.
Coma unha premonición, o protagonista dixo..."Non pode moverse"..e acábome de enterar que a sua nai morreu.
Unha homenaxe para ela, e para os seus fillos, querovos moito e lémbrome moito de vós neste día tan triste.
DEP ..Milagros Suárez.. Nai dos meus amigos Fran e Oscar López Suárez..
Eu tamén conozo a algúns dos fillos de Milagros, ela seguramente estará agora nun fermoso xardín rodeada de flores. Unha aperta moi grande para todos.
Ramón, según as túas propias palabras "é todo un barullo de lembranças pobre e sen orde nin continuidade". Pois menos mal, meu fillo, se chegas a ter as ideas claras non habería quen che tusira.
Teño que felicitarche por esa prodixiosa memoria, non sei que tendes algúns na cabeza. Menuda envexa.
Está claro que a peña mira o blog no ordenador do traballo. ¿E si poñedes unha carta de ajuste durante o fin de semana?
Boa idea, eso da carta de ajuste, a partir de ahora seguro que o faran, porque todos miramos dende o traballo,
Mary toma nota e no finde xa sabes.
Ah, Ramón da gusto lerche, como describes esa casa, parece que me atopo nela. Escribe mais que a min gustame moito.
Bicos.
Luís, quero transmitirche desde aquí a tí, aos teus amighos,á súa familia e a tódolos seus seres queridos o meu pésame.
Oghallá que os que quedan aquí sexan consolados e reconfortados co cariño e o amor dos seus e de todos os que os queren.
Estea onde estea, desexo que descanse en pas.
De paso, ghraçias a ti polo aviso desta nova triste, así como polos comentarios teus e de todos os amigh@s que coma ti comentan no blog.
R. Laiño
Sexa o meu pésame tamén recebido por quen pasa momentos dolorosos.
Ramón, vexo que tes unha memoria prodixiosa. Eso de que teñas recordos, aínda que sexan só como breves imaxes, de cando túa nai che daba o peito... é digno de consideración. Antes había nais que lle daban o peito ós fillos ata os dous anos, este debe ser seguramente o teu caso, porque senón non me explico como te podes acordar deso.
A min miña nai non me deu o peito, pero podo decir que teño imaxes que quedaron grabadas na miña memoria, imaxes de cando aún non tiña nin un ano, non son imaxes entrelazadas pero si son recordos inconexos de cando era moi pero que moi pequena.
O meu pesame para esa familia que está a pasar por estes duros momentos.
Enhorabuena Ramón, gustoume o teu articulo moito, espero que contes mas cousas.
Fai moito tempo que non leo o blog, pasei de estar enganchada todolos dias, no traballo principalmente, e nestes dias festivos deixeino un pouco, alegroume ver novas publicacions, acabolle de dar un bó repaso, da gusto que a xente se anime e nos retrasmita os seus recordos.. moitos comúns.
Eu fun a de Elenita a bicha, pero pouco me lembro de esa epoca, en
1º tiven a dña Josefina
2º dn José Cervo (que pediron voluntarios para a outra clase que daba un novo dn Josè Luis, e alá fomos a miña amiga mais eu)
3º dña Choncha
4º dn Alfredo (marido da anterior)
5º dña Maruja.
Todos estos anos no Martín Gomez.
Pareceme increible Ramón que te podas lembrar de tan novo, mamando,
os meus primeros recordos son de 3 e 4 años....
Quero decir tamén que Fran son 8 irmans, e que os acompaño no sentimento pola perda da sua nai.
un saúdo a todos.
Eu estou a favor da lactancia materna, sen lugar a duda é o mellor para os pequenos, que crecen máis fortes e sans, e o seu sistema inmune formase mellor.
Hoxe en día estase a recuperar a lactancia materna, sobre todo en mulleres que dan a luz cerca dos 40 anos, pois saben que é o mellor alimento para os seus fillos.
Publicar un comentario