miércoles, 17 de diciembre de 2008

AQUELES MARABILLOSOS ANOS.... Por Oliva Lojo.


Debo estar facéndome vella porque hai unha historia que sempre me avergoñou e agora faime bastante gracia.

Acordádesvos da profesora Josefina? Cando eu era cativa había o home do saco, o lobo, o cocón e a profesora Josefina; la madre que la ... que medo daba!.

Cando ela entraba na clase todos nos levantábamos e dicíamos: "buenos días, como está usted?", ela respondía: "bien, y vosotros?", e nos: "bien, gracias a Dios"

Un dos seus castigos preferidos consistía en mandarche ir á praia buscar un pouco de area e logo poñíaste de rodillas encima. Teño que decir que a min nunca me castigou pero era porque lle tiña tantísimo medo que penso que nin siquera me atrevía a respirar por non molestala (vale, eu era un pouco caguichas de mais).


Tíñalle tanto medo a esa muller que mexaba por min, e non era de risa. Tódolos días, Dani o do Bocacho, que sentaba detrás de min, dicía: "profesora, debajo de la mesa de Oliva hay agua". Dios, como odiaba a ese rapaz. Síntoo Dani, pero tí xa sabías que non era auga e podías estar caladiño, digo eu.

Por suposto, eu nunca quería ir á escola e tódolos días era un drama para sair da casa. Por sorte para min meu irmán era moi aficionado a facer a jata e recordo mañans memorables agochada polas leiras do Currillo con él e os seus amigos. Non creo que él o recorde co mesmo cariño; eso de cargar cunha mocosa de 6 anos non debía ser nada divertido, pero a alternativa era peor: si non me levaba, acusábao a miña nai.

Rebuscando entre vellos papeis atopei o libro de escolaridade de E.X.B. e para a miña sorpresa vexo que a nota que me puxo foi un "Bien". Non está tan mal para unha rapaza que pasou mais tempo agochada nas leiras e "enferma" que na escola.

Josefina: que Dios che teña na ghloria"!





Bicos a todos

Oliva Lojo

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno Oliva, a que non foi tan dificil?
A verdade e que o medo que temos pasado naqueles tempos quedounos grabado. Pero bueno, xa vemos que de casi todo se sae.
Un bico para esa cousa rubia preciosa que bule pola tua casa.
Pili a da praia

Anónimo dijo...

Efectivamente, daquela decíamos “facer a jata”, que non sei de donde virá, si será “jata”, “gata”, ou cal é a orixe desta expresión… ¿alguén o sabe? Agora as clases “fúmanse”, por exemplo, e dou fé de que moito, a pesar de que non é bo para a saúde.

Anónimo dijo...

Oliva, quitásteme as palabras da boca, nun capitulo do meu conto falo precisamnete diso...A min tamán me zoscou do lindo

Anónimo dijo...

Canto nos teñen zoscado os mestres que tiñamos daquela, eu lembrome dunha ocasión na que me pegou a muller do mestre cunha vara de ferro na man, e miña nai foille chamar á atención e quitoume daquela escola. E dende aquela aprendin que se algún día un mestre me levantaba a man eu íalle contestar coa mesma vara de medir, así que foi a última vez que un mestre se atreveu a porme a man enriba.

Juan que razón tes, agora as clases fumanse e antes facíamos a ghata, e supoño que antes que nos farían outra cousa e terían outra expresión para o feito.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

Os profesores eran o demo pero, que me decides dos curas?
En Boiro tíñamos a D. Manuel Maneiro; a min botoume unha bronca por ir á igrexa sin chaqueta e cun vestido de sisas. Supoño que os braciños dunha nena esmirriada de 7anos debían ser o colmo da luxuria.
Tamén me lembro doutro día que entraron dúas veraneantas no medio da misa vestindo uns pantalons cortos e as fixo salir a fume de caroso

Anónimo dijo...

Bueno, os curas eran a leche, haberá que dicirlle a Marcelino que se posicione.

Eu non podo dicir moito porque cos curas non che tiven problemas, tan só con un, co de Cabo nunha ocasión cando era catequista.

Eu podo falar dalgunha monxa que atropelei cunha bicicleta en Santiago, un día baixando pola Rúa de San Pedro.

Anónimo dijo...

O clero, a bondade e o perdón predicado co exemplo...Menos mal que xa non levan ó generalísimo debaixo do palio a bendecir as barbaridades. Temos sorte de estar nunha época de coñecemento que nos permite distinguir emtre patrañas e realidades.

Anónimo dijo...

Tamén me tocou dña Josefina, non recordo o da area, pero si a cana india, eu non cheguei a probala pero recordo que Genaro o do currilo e Richard a diario.
Teño a mesma foto, cos libros de segundo e a mesma posicion de mans,
foi feita no Martin Gomez.
como ben di Pili un biquiño a esa cousiña tan preciosa que tes.
Encarna

Anónimo dijo...

Vi, o que pasa é que ti ibas provocando á misa, confesa que che gustaba Don jesús o coadjutor.
Don manuel maneiro, ni santo ni bueno ni mártir, en vez de espiritu santu decía INSpiritu

Anónimo dijo...

A verdade era que as veraneantas o tiñan ben merecido. na porta da iglesia había unha serie de normas a cumplir, entre elas que para entrar na iglesia había que levar a roupa adecuada e si non recordo mal especificaba o dos shorts.
Si é que algunhas non teñen vergoña...

Anónimo dijo...

QUEN NON SE LEMBRA DA PROFESORA JOSEFINA ERA A QUE MÁIS DEREITAS NOS POÑIA CANDO ESTABAMOS NA FILA PARA REZAR ANTES DE ENTRAR NA AULA.
MIÑA IRMAN TIÑA CONMIGO UN SUPLICIO PORQUE EU NON QUERIA IR A ESCOLA QUE LLE TIÑA MEDO,E TODOLOS DIAS TIÑA QUE TIRAR DE MIN POLA COSTA DA BOLIÑA PARA RIBA, POR ESO QUEDOU ALIVIADA CANDO EN 2º NOS MANDARON PARA O FRANCO. ¡QUE TEMPOS AQUELES! UNHA APERTA

Anónimo dijo...

Vexo Oliva que a afisión por fasela jata venche de pequena e ben pequena. ¡ Si a difunta de Doña Josefina levantara a cabesa aínda nos había de dar ca vara a todos !