Eu son de Goiáns. Alí nacín e vivín ata os doce anos.
Ben me lembro do ben que o pasabamos os nenos de Goiáns, Escarabote ou a Magdalena tirándonos da ponte cando estaba a medio construír.
Había algún que se tiraba de cabeza ca marea baixa, e despois tiñamos que ir a desenterralo da area. Eu que era un pouco máis acojonado, sempre me tiraba estilo "bomba".
Recordo tamén con nostalxia como nos colábamos na torre de Goiáns pra irnos a bañar ó "Embarcadeiro" que pertence a esta torre. Ás veces os coidadores da susodita torre soltábannos os cans e había que pegar uns sprints inesquecibles.
Recordo que por aquela época na televisión votaban unha serie china á que estábamos enganchados meus amigos e máis eu. "La Frontera Azul " titulábase, e a súa emisión marcaba os nosos xogos e soños.
Tiñamos que botar a sorteo quen lle tocaba ser o protagonista LIN CHUNG, e quén resignadamente tiña que ser o malo da serie,KAO CHIU(si che tocaba facer de éste chegabas á casa cheo de golpes e cardenais).
Pedro de Alexos.
Ben me lembro do ben que o pasabamos os nenos de Goiáns, Escarabote ou a Magdalena tirándonos da ponte cando estaba a medio construír.
Había algún que se tiraba de cabeza ca marea baixa, e despois tiñamos que ir a desenterralo da area. Eu que era un pouco máis acojonado, sempre me tiraba estilo "bomba".
Recordo tamén con nostalxia como nos colábamos na torre de Goiáns pra irnos a bañar ó "Embarcadeiro" que pertence a esta torre. Ás veces os coidadores da susodita torre soltábannos os cans e había que pegar uns sprints inesquecibles.
¡Pero pagaba a pena! No embarcadoiro sentiámonos os reises do mundo. Alí nadabamos, xogábamos, ríamos, e o tempo parábase. Era a felicidade absoluta pra un neno de dez anos.
Xogábamos ó fútbol na lameira na que se convertía a desembocadura do río Coroño ó baixar a marea, enterrándonos ata as rodillas. Partidos que duraban horas e que só parábamos porque se facía de noite ou porque a marea subía de novo. Resultados tipo 47- 45 dábanse moi a miúdo.

Recordo que por aquela época na televisión votaban unha serie china á que estábamos enganchados meus amigos e máis eu. "
Tiñamos que botar a sorteo quen lle tocaba ser o protagonista LIN CHUNG, e quén resignadamente tiña que ser o malo da serie,KAO CHIU(si che tocaba facer de éste chegabas á casa cheo de golpes e cardenais).
Empezabamos xogando en Chanquiña e seguiamos o curso do río Coroño ata a Ponte Goians, e alí tiñamos que parar. De aí non se podía pasar porque era a distancia límite que os nosos pais nos poñían.
Nós dicíamos que ese río, ese lugar, era a nosa "fronteira azul",o límite do noso mundo infantil. Alí estabamos todos, mirando para o pequeno río Coroño convertido por nós no inmenso río LIAN SHAN PO, fronteira natural entre a nosa aldea de Goiáns e o inexplorado territorio de Boiro.
Para rematar quixera darlle as grazas a Angel, que co seu artigo de hoxe, fíxome recordar momentos pasados e voltar durante un anaco de tempo, trinta anos atrás, á miña nenez.
Pedro de Alexos.
4 comentarios:
Pedro, se non poñias a Smokie non estabas tranquilo.
Eu tamén sonche medio da zona de Goians, and proud of it.
Todos estos recordos, fan que evoque parte da miña infancia a pesar das dificultades que pasei nesa etapa da miña vida, houbo momentos moi bos, momentos que xamais olvidarei ao lado de amigos e non tan amigos.
Acordome dunha vez en Abanqueiro que reunidos o grupo de sempre decidimos atacar o avispeiro, e ala fomos armados con bolsas, sacos e todo o que nos pudera protexer daqueles bichos tan agresivos; o batalla foi dura pois necesitabamos abrirnos paso para unha leira, pero antes tiñamos que pasar o muro do avispeiro, cando empezamos a darlle cos paus ao avispeiro empezaron a zumbarnos por todos os lados, de dereita a esquerda e de arriba a abaixo. Eu acordome que chegue a casa cunha chea de granos que eran do tamaño de unha manzan e que picaban e doian. Despois deso atopamonos casi todo o grupo no mesmo lugar, na consulta de D. Francisco en Boiro, e aprendemos unha lección: CONTRA OS MÁIS PEQUENOS NON TIÑAMOS NADA QUE FACER.
aLEXOS QUE VEN SENDO?
A min soname a Sra. Pura de Alexos.. supoño que sera a mismo apodo..
Publicar un comentario