- Un home de negocios norteamericano estaba no embarcadoiro dunha aldeiña costeira de México cando chegou unha gamela cun so mariñeiro e uns repoludos atúns.
-O iankee felicitou ao mexicano por a calidade do peixe e preguntoulle canto tempo lle levara pescalo.
- O mexicano respondeulle: Oh! So un ratiño.
- Entón o americano preguntoulle por que non quedara máis tempo para coller máis peixes.
-O mexicano dixo que xa tiña dabondo para as necesidades da súa familia.
- O norteamericano volveulle preguntar:
- ¿E que fai vostede, entón, co resto do seu tempo?
- O mexicano contestou: - Durmo ata tarde, pesco un pouco, xogo cos meus fillos, durmo a siesta coa miña muller, vou cada tarde á taberna a tomar unhas copas e a tocar a guitarra cos meus amigos.
- Teño unha vida chea e ocupada, señor.
- O iankee dixo con retranca:
- Son graduado de Harvard e poderíalle botar unha man. Debería dedicar máis tempo á pesca e coas ganancias compraría unha gamela máis grande. Cos beneficios que lle reportaría unha barca máis grande, podería comprar máis gamelas.
- Pero señor, ¿canto tempo tardaría todo iso?
- De quince a vinte anos.
- E logo ¿que?
- O norteamericano largou unha gargallada e dixo que esa era a mellor parte:
- Cando chegue o momento oportuno, pode vender a empresa en bolsa e facerse
moi rico. Gañaría millóns.
- ¿Millóns, señor? E logo ¿que?
- Logo poderíase retirar. Ir a unha pequena aldea de pescadores onde podería durmir ata tarde, pescar un pouco, xogar cos seus netos, deitarse a siesta coa súa muller e ir de paseo polo pobo, por as tardes a tomar unhas copas e tocar a guitarra cos seus amigos.
4 comentarios:
Naturalmente que hai algo en que nos estamos a equivocar.
O blog toleou e cambia a ltera cando lle da a gaña.
e eu equivoqueime hoxe pola mañán e chameite a ti Rodrigo , cando quería chamar a rodriguez, así que non devolvas a chamada.
Está bastante claro que o conto revela que non valoramos o que temos, tantos anos para poder chegar á forma de vida que xa levaba, pero hai un compoñente que a sociedade occidental valora e que é o que nos amosa o texto, A seguridade-- o home amasa cartos para ter seguridade cando sexa vello, por eso arrasan os produtos financieiros que dan seguridade para a xubilación...eu sigo gardando so cartos na vigha.
Rodrigo eres un crack..............
Rompeches
Esto está muy bien si eres un pescador mejicano, pero si vives en Boiro, tienes que pagar una hipoteca, quieres comer todos los días y darle estudios a tus hijos pues va a ser que no.
De todas formas he de decir que el relato me gustó mucho aunque no me haga pensar demasiado, no tengo tiempo, tengo que trabajar.
tes que traballar. Pero no blog ben que entras
Publicar un comentario