Agardamos a que a directora e voceira deste blog nos de a oportunidade de réplica aos comentarios da entrada nesta páxina do día 26 mércores.
Pois ben, comezaremos argumentando que nada do que di Abalo aconteceu de certo (moito xa o sospeitabades). Ninguén lle contestou ao profesor de filosofía Pepe “ábrea ti, homiño…” porque Pepe ademais de profesor era bo amigo dos seus alumnos. Tampouco houbo diálogo algún coa secretaria que nunca chegamos a coñecer nin ninguén chamou ghilipollas a Rodrigo porque, podédelo crer, nos escasos meses que botamos no instituto nunca pisamos a cafetería. Nin tampouco foi certo que intentasen botarnos do centro aínda que si a idea orixinal cando por aqueles tempos rapaces de fóra viñan a amolar e o director se atopaba molesto por iso. Ademais, sen que sirva como pretexto de emenda e só co ánimo de non faltar á verdade, has de saber, Rodrigo, que sempre fostes obxeto da nosa admiración, primeiro coma docente e despois como compoñente dos Menestreis (José España foi o noso primeiro profesor de música) Aínda que receemos da música medieval que se executa con instrumentos temperados.
¿Entón a que veu esa infausta e inoportuna intervención? Preguntaredes os que preguntades e intentarei clarexar un pouco as dúbidas.
Os que ben nos coñecen saben que nobreza nunca nos faltou e se alguén ten que perder a cabeza nós somos os primeiros en poñela no cepo. Nin sequera deberíamos aparecer por aquí porque non pertencemos á primeira promoción, nin á segunda… Aínda que os anos pasan e fomos coetáneos dela.
Foi por participar neste acontecemento do 25º aniversario que non é estraño a ningún veciño de Boiro, tirando a pedra e, neste caso, sen agachar a man, agardando as reaccións, vendo que a Web sigue viva.
Os que pensábamos que esta páxina era un punto de encontro para "ñoños" nostálxicos recuperando un pretérito irrecuperábel, quixemos atacar os cimentos mesmos da obra sen sequera para a pensar o alcance de tal atrevemento, e a quen senón ao artífice da mesma co pretexto anecdótico do pasado.
Pero lonxe de desestabilizar o conxunto, serviu para que, afiadas as uñas, agudizado o enxeño, facer máis unida, se cabe esta piña que sodes.
Así funciona a guerrilla: entra pola porta de atrás cando menos a esperas, causa o maior dano e desaparece, pero esta vez deixando rastro. É a estratexia do combatente. Foi, case inocentemente por engadir unha nota distinta, un punto de colorido (tal vez demasiado color inacertado), outro punto de vista co propósito de remozar a asiduidade ca que se participaba nos comentarios.
Damos as grazas merecidas a Mary Hermo por non exercer a censura e dar cabida a tódalas ideas. Damos grazas, ao mesmo tempo que pedimos perdón de todo corazón, a Rodrigo, que despois de ler o articulo consínteo publicalo, iso xa di moito da realeza humana de certas persoas.
Queremos repetir unha vez máis que o ocorrido non volverá a acontecer por mor que non temos ese mínimo dereito a xulgar a ninguén nin a levantar falsas infamias. Como ten dito moitas veces Abalo: “Na alma dos homes caben todas as mesquindades”.
Vil, chabacano, ruín, entremetido, resentido e co propósito da confusión, rancoroso polos feitos, cando non hai nada diso porque nada aconteceu como se contou e é doado coller ao mentireiro (que corre menos ca un coxo) se alguén ten memoria.
Por outro lado subliñar que non hai temor a que alumnos violentos puideran coller alas tras ler a nosa anterior entrada porque primeiro, os violentos non len “chorradas” como eles consideran, e porque segundo, esta violencia é moito máis complexa do que se poda entender por un pobre articulo mal estruturado dun blog de instituto.
Se por algo temos fama de cabais é por saber recoñecer a derrota e así nos retiramos, non sen antes saudar ao lexítimo vencedor, e sacando o chapeu inclinámonos de xeonllos.
Ramón, a amizade é esa fantasía que nos liga ás persoas sen comprender as causas. Coñecémonos da EXB, de amigos comúns, inda despois do instituto seguimos a conversar moitas veces.
Á. Abalo.
13 comentarios:
Xa dicía eu que era imposible que algún alumno lle chamase gilipollas a un profesor, e de que no instituto de Ribeira fosen tan dulces.
A verdade é que hai que telos ben postos, é de recoñecer que moitos tiran a pedra e esconden a man, pero ti tirachela dando a cara.
E agora doume conta de que esta paxina une a moita xente, parece mentira que nun primeiro intre todo semellaba que acabaría pronto, pero aínda segue porque moitos leen cada día todo o que aquí se escribe.
Pois, que queres que che diga, a min non me cola.
Qué bonito, qué bonito¡...
Non sei cal é a finalidade de este embrollo que montou Abalo, non será que a cagou e agora quer arranxalo?
a min pareceme unha gilipollez,....tanta histoira e agora....¡no que era broma.!
Amigo Abalo, teño que decirche que non me gusta que me manipulen. A liberta de expresión e fundamental pero eso non quita que haia que respetar todas as opinions e todolos feitos. Para nada, a min hai opinions e feitos que non me merecen o mínimo respeto.
A as persoas que levan meses traballando nunha idea común, con esforzo e horas, insultouselle, calumnioselle e o peor dixeronse deles verdades amañadas. So por iso "inventarte " unha historia cos mesmos protagonistas, utilizando os mesmos metodos, sintoo pero non me parece respetable.
E moi facil manipular á xente, votaslle un pouco de comida, e ala todos a correr. Creo que alguns deberiades aprender de memoria a película "la jauria humana", que sin ter comparación con esta caso, hai moito que aprender dela.
Estou totalmente dacordo con Albundio, jpodese decir mais alto peronon mais claro.
¡ME PARTO EL CULO DE RISA!
MEnos mal que está Abalo para enseñarnos lo que es la manipulación si no estariamos perdidos.
Digo lo mismo que Abundio, hay gente que lleva seis meses partiendose la espalda en este tema, entre ellos tu prima Mary, y les dieron caña por los cuatro costados y ahora vienes tu con tus gracias de chiquillo.
Todo para enseñarnos que sabes tocar la batería, pues enhorabuena, si lo que querías era repercusión , ya la has tenido, una pena que los articulos de claidad no tengan la repercusión que ha tenido el tuyo.
¡animo chicos y adelante con las colaboraciones que son estupendas!
e Abundio que nome é?
A min sorprendeume un pouco cando chegou o escrito de Abalo,sobre todo porque tiña un aire de perdonavidas que non encaixaba no estilo do Blog.
A Administradora decideu poñelo,espantando calquera sospeita sobre censura que poidera haber.
Está visto que a reacción dos blogueiros foi bastante clara e creo que esta aclaración debería ser suficiente para frenar calquera tipo de polémica.
Non todo o mundo está de acordo na utilización do blog para este tipo de articulos, pero debemos respetar a forma que ten cada un de facer espertar á xente, e hai recoñecer que o anterior articulo de Abalo, pode que rozara a insolencia, pero a aclaración, devolve á cordura o anteriormente expresado.
Só decirvos, como ex-administrador do Blog, que estou gratamente complacido en ver que xente como o mesmo Abalo, pasou o seu tempo escribindo (con máis ou menos acerto) para sacar a súa publicación, e desde o meu humilde punto de vista, creo que entre todos os que lemos o blog hai potencial bastante como para facer un bó anécdotario de cousas da nosa vida.
Simplemente agradecer a Pili,(que vaille collendo o truco), Juan José (este tío é a ostia, menos mal que se adicou as Ciencias , senón empezaría a temblar Sara Mago-como dixo Espe-),Ramón, Anxo e máis xente que estan a enviar as súas vivencias, sexan dos anos do IES ou fora deses anos, (as miñas foron da época do IES), hai moitas cousas que contar e hai moita xente que quere ler.
Non só cousas de Boiro, de Cabo, Escarabote, podese falar da Boliña, do Rexidor,de Bealo,Moimenta, Abanqueiro, etc, etc....
Ó final todos nos sentimos identificados, é a nosa época, a nenez, adolescencia,a quinta do chicle Niña e do Bazzoka Joe.....
Unha aperta e veña a escribir......
Paz y Amor a los hombres de buena voluntad, perdoar e olvidar, non si Luis?
Por certo o nome de Abundio creo que ven do mismo sitio co de Marianico el Corto. Amen
Yo veo Gran Hermano con lo cual mi cuota de experimento sociológico ya está cubierta. Abalo, dedícate a otra cosa por favor.
Rodrigo, estás demostrando lo que eres, un señor. No hay mayor desprecio...
non digo´que paz e amor para todo o mundo, pero sí a moita xente.
cando o saiu o articulo de Abalo fun o primeiro en criticalo,.
agora sigo decindo que non comparto as formas de Abalo (a quen non coñezo), pero que cada un ten a súa forma de colaborar,e por outra parte vemos que Abalo pasou o tempo en escribir algo,e animo a todo o mundo a que faga o mesmo (se pode ser con mellores formas).
En canto ó de Abundio ou Marianico el corto, para min e coma se puxeran anónimo, o mesmo.
Publicar un comentario