Pode que moitos pensen que ter máis cartos, o poder, unha boa casa, un mellor coche, accións nisto ou naquilo outro, atopar parella, vivir de presa e sen tempo para nada, etc. dálle sentido ás súas vidas.
Outros cren atopalo na búsqueda da aprobación dos demais.
Pero ó final sempre queda a mesma sensación de desesperanza e bacío.
O máis interesante é que o sentido da túa vida atopalo por primeira vez cando sofres unha fortísima emoción ou cando esta en perigo a túa vida. É neses momentos cando todo esta claro, coma se despois dunha día de niebla levantara e aparecera o sol brillando, ante os teus sorprendidos ollos.
¿Fixeches algunha vez o experimento de verte no teu propio enterro? ¿De imaxinar o recordo que deixaras na túa familia e nos teus amigos?
Se non o fixeches... imaxínate por un intre, que hai unha tumba, que estás nun enterro... e que abres a tapa para ver a persoa que esta dentro... e para a túa sorpresa... ¡Es ti mesmo!
¡É o teu propio enterro!
¿Por que desexas que te recorden as persoas que están no teu enterro? Pénsao por uns intres.
A min resultoume curioso, pois eu cando o fixen pensei no amor, en detalles da vida aparentemente “tontos”; pensei na miña sobriña, nos fermosos momentos que tiven coas miñas parellas, nos momentos en que axudei a alguén; non pensei en ningún momento nos cartos, nin na casa, nin en nada de valor económico.
Supoño que é por que eu disfruto das pequenas “cousas” da vida, como pasear nun atardecer con choiva, lembrar os meus paseos polo monte, escoitando o canto dos paxaros e dos grillos, do arrecendo da herba mollada; disfruto aínda cando as rúas están pacificas e tranquilas antes de que apareza o axetreo diario; disfruto da lúa na noite estrelada na rúa case sen xente; disfruto da boa compañía dun amigo, énchome do seu sorriso e do brillo da súa mirada, de ter o meu lado a miña sobriña e collela no regazo e dar un paseo con ela e das “cousas” que me di e ás veces me deixan apampada, da miña familia aínda que ás veces non esteamos de acordo.
É como se volvese a ser unha cativa de 5 ou 6 anos e agora entendo o significado tan importante da infancia, desa etapa na que non nos preocupa nin o máis mínimo a situación económica do país ou a herdanza, esa etapa na que se é natural e sen artificios.
Esa etapa na que a terquedade á hora de conseguir o que se quer fai que aparezan as pataletas e na que os maiores din frases coma: “xa non te vou querer”, “mira que malo es”, “pareces unha nena”, “se te portas ben mércote isto”; pregúntome cantos de nós quedamos con esas manipulacións que exerciamos de cativos.
Os cativos non entenden de rancores, poden pelexarse pero no mesmo intre xa están coma se nada pasase, non finxen; teñen a capacidade para xogar e facer “cousas” e ser felices con pouca “cousa”.
Penso que toda a miña loita interior esta enfocada a volver a ser unha cativa, de volver a ter esa alegría, esa espontaneidade, de aprender a perdoar e esquecer no mesmo instante.
Entendedes aquela frase de Picasso “A los diez años pintaba como uno de los grandes del Renacimiento... pero tardé otros cincuenta para volver a pintar como un niño.”, creo lembrar que era del, eu si que a entendin.
Para min o sentido da vida é vivir o presente, disfrutando de todo, facendo caso dos impulsos do meu corazón, facendo o que me fai sentir feliz en cada momento, da compaña dun amigo, dunha charla, de todas esas pequenas “cousas” que ten esta vida.
Dende que enfermei tiven moitos problemas pero houbo uns momentos nos que estiven a piques de morrer, nos que a morte veu a visitarme e nos que lle pedín máis tempo e dende aquela aprendín moito, tanto que estou máis disposta para amar e ser feliz sen máis artificios que a sinceridade dunha cativa de 5 ou 6 anos.
Por casualidade pásavos a vós o mesmo, ou outra cousa, contade a vosa experiencia que de seguro que será interesante.
Aquí vos espero nesta que é a casa de todos.
Unha forte aperta.
Mary Hermo.
4 comentarios:
Mary, estou totalmente de acordo co nivel de valores que citas, eu mesmo deime conta estando fóra de Galicia o gratificante que é o arrecendo da marea baixa, do verde dos nosos montes de das augas dos regatos que baixan polo Barbanza.
Angel
a VERADE É QUE NON VALORAMOS O QUE TEMOS, ESTAMOS METIDOS NA VORÁXINE DO CONSUMISMOÉ FAI QUE NADA SEXA SUFICIENTE.
eU INTENTEI ESO QUE TI DIS MARY, E NON É NADA AGRADABLE, A MORTE NON GSUTA A NINGUÉN..
HOXE CONTOUME RODRIGO UNHA HISTORIA MOI BOA, CREO QUE CHA MANDOU, ESTARIA BEN POÑELA,
Hoxe levo todo o día cos nenos, na casa, e estou agotada, acabas farta de oir mamá esto, mama ven, mama mira, ... parade un pouco.
Pero ó final teño que decir que os momentos de felicidade máxima da miña vida danmos eles, cando pola mañán me veñen despertar cun bico e cun abrazo.
Non son capaz de pensar na vida sin eles, e non quero pensar na morte.
A vida a veces é dunha tristura infinita....cantas veces desexariamos escapar dela se non soubesemos que o sol aparece cada día aínda que brille uns días máis ca outros....
Publicar un comentario