jueves, 4 de diciembre de 2008

VISTE A MIÑA PEL CO TEU AROMA, Por Mary Hermo.

Hoxe permitídeme que escriba un pequeno poema (é un dos que publicarei no meu libro), deses que en momentos saen coma tórpedos da miña boca e que en moitas ocasións quedan no aire sen ter ninguén que os lea. Hoxe, amigos meus ides lelo tanto se vos gusta ,coma se non é así podedes críticar todo o que queirades nos comentarios.



Viste a miña pel co teu aroma,

as nosas almas falan o mesmo idioma.

Chegaremos xuntos a ese ceo desexado,

acadaremos a gloria de ser

os dous unha mesma historia,

que xamais se irá da miña memoria.

Un amor que non para,

que na alma viste de fada,

de princesa,

que nos protexe e que por nós reza.

Cheo de luz o camiño,

onde se xunte o noso destino,

como esquecer ese leito perfumado,

con pétalos de rosas,

con sabanas bordadas

de seda e douradas letras,

fel testigo desa noite apaixonada,

que xamais por min será esquecida.

Non me importa se xa non regresas,

pois levo dentro a fortaleza...

Xa non son o teu xoguete,

xa non me tes enxaulada.

O que ti me deches,

queda comigo,

non cho devolvo, nin cho pago,

e quédome no teu lado esquerdo..

¿Como non vai ser importante?

se o amor na miña vida é constante,

ata delirante, belo e incluso alucinante...

Dime como, vas poder esquecer

que nunha noite estrelada,

che de frío, de medo e incluso de hastio,

mandeite a tomar ventos do norte.

Mary Hermo.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

desgarrador, pero sen dúbeda o mellor é o final.

Moi ben Mary, non tardes en poñer outro

Anónimo dijo...

Gracias Luis.
Seguro que algún máis poñerei, que eu sonche máis de poesía e reflexións que de narracións curtas.

Voume xa para a camiña que tanta noite de festa xa me está deixando resaca.
Boas noites a todos.

Anónimo dijo...

¿quen de nos non sinteu todo iso nun momento dado? non hai maior forza nas persoas, ca que da ese tipo de sentimentos,non hai maior profundidade ca que che fai sentir sexas ou non correspondido.

Anónimo dijo...

Si todo o que escribes é como esto prometo comprar o libro.
Un bico, guapa.

Anónimo dijo...

Querido Luis, se de sentimentos falamos, deixame aclararche unha cousiña, a titulo estrictamente persoal.O feito de firmar como anónimo ou cun alias, non sempre ten que ter un significado negativo.Si o é cando nos agochamos para insultar ou mentir,pero hai moitas ocasions en que simplemente queremos expresarnos sin ser protagonistas.
Ainda pareza que son unha persoa moi extrovertida e faladora no fondo escondese unha persoa tímida. Digoche que moitas veces teño firmado e escrito có meu nome pero sintome mal cando de repente o meu nome e repetido varias veces, por iso escondome no anonimato ou nun alias. Esto xa llo dixen a Mary unhas paxinas atras, non che podo explicar porqué me pasa, pero penso que non e nada malo, a lo menos eu non sinto que o sexa. Aplaudo á xente que sempre da a cara, e que non lle "importa" ser protagonista (sexa en positivo ou en negativo), pero desde logo ese e o meu caso. Pero non por iso deixo de participar, si todalas veces que teño escrito con nome ou sin él estivera identificado/a daquela eu mesmo/a me iría por pesado/a.
Espero que me entendas si podes.
Unha aperta de quen vos sigue dende o principio e vos valora no que valedes.

Anónimo dijo...

Arre demo, parese que a xente espabilou.

Anónimo dijo...

Estimado Abundio, non todo mundo que asina os escritos ten afán de protagonismo, simplemente quere que se identifique e que non se malinterpreten os seus escritos.

Considerei poñer o comentario de onte, posto que me pareceu que o escrito de Abalo pode ter interés para alguén coma experimento sociolóxico, aínda que non é a miña opinión.


Non dubido que sexas para partícipe, o igual que o resto dos anónimos, simplemente dixen que animaba a todo o mundo a mandar as súas colaboracións, pero está claro que si a xente non le, as colaboracións non serven para nada, polo tanto os letores son tan importantes coma os escritores.

Desde qeu deixei a administración do blog, sempre asino os meus comentarios, que ademáis soen ser ás mesmas horas, fora do horario lectivo, para que os colaboradores , poidan poñerlle cara e ollos á xente que comenta, pola miña parte non teño ningún incoveniente en que saiban o que poño, e non por eso me considero un pesado.

Tes todo o dereito do mundo de poñerte baixo un alias, os blogs o que teñen son iso, pero non por iso os que non o facemos temos afán de protagonismo, penso eu, agora que podo non ter razón.

Unha aperta Abundio, Marianico ou Forrest Gump.

Anónimo dijo...

Perdona Mary, que non che pareza mal, pero teño unha curiosidade, para o título ¿inspirácheste no anuncio de Varón Dandy?

Anónimo dijo...

Mira ti por onde o título nin pensara no anuncio do Barón Dandy, e moito máis sinxelo pois cando gardo o documento doulle a gardar como e sempre pon unha parte da primeira frase; así que duda resolta, se te fixas o primeiro verso é coma o titulo.


Quero dicir algo con respecto o que dicía Abundio, creo que ningun dos que asinamos co nome o facemos por protagonismo, eu fago o que sempre fixen cada vez que opinei sobre algo dar o meu nome eche unha costume coma outra calquera. E se alguen pensa que pesada esta tía, dareille a razón que pesadiña son abondo tanto que ninguen me rexe, jajaja.

Veña escribide que deso se trata, pero mandade tamén artigos e poñeranse coma anónimos, vou darvos unha pequena idea creades un mail novo e mandadelos desde aí, así non saberemos quen sodes, que vos parece, pero escribide que somos moitos os que esperamos por novas colaboracións.

Saúdos a todos e como non biquiños donde máis vos gusten, jajajaja e por si practico esa receita....

Anónimo dijo...

Me parece que lestes un pouco lixeiro de mais o meu comentario. O do afán de protagonismo sacachelo de contexto unha cousa e ser protagonista e outro ter afan de protagonismo, pois che repito que se non firmo alguns dos comentarios e por timidez e que aplaudo os que si o fan, e valoro a xente que o fai dandolle igual os comentarios a favor ou en contra.
Aclarar que no meu camiño non están nin Forrest Gump, nin Marianico el Corto, a eses só os coñezo da tele.

Administrador dijo...

Tes toda a razón Abundio, desculpa o meu erro pois xa sabes que a veces lemos por riba sen decatarnos de todo o sentimento que se agocha; entendo perfectamente que é a timidez, sei que todos levamos dentro algo de timidez só que ás veces tratamos de vótala lonxe e pode semellar que non somos tímidos, i eu son a primeira en dicir que si, son tímida pois costoume moito poñer ese poema ou algún outro artigo serio coma o da Superación.
De novo pídote desculpas.
Espero que sigas participando.
Unha aperta.
Mary Hermo.

Anónimo dijo...

Acabo de leer con calma o que escribeu onte e hoxe o tal Abundio. E teño que decir que creo que nen Luis nen Mary entenderon o que quixo decir, da a impresion de que as suas limitacións consideradelas coma acusacións contra a vosa forma de facer e creo que non vai por ahí.
Seino porqué eu tamén me sinto asi moitas veces, eu son moi timida, algunha vez puxen o meu nome, pero cando me vexo no blog, dame moita vergoña. Creo que non che é moi dificil de entender.
Por favor espero que tampouco malinterpretedes esta pequena reflexión.

Anónimo dijo...

Margarida, creo que case escribimos a un tempo, antes sen darme conta fixeno coma administrador, xa lle pedín desculpas a Abundio e a todo aquel que se sentira aludido no anterior comentario que fixen, xa sei que moitos non poñedes o voso nome por tímidez ou vergoña, e como dixen antes cando de sentimentos se trata todos somos tímidos e temos vergoña, eu tamén a teño e como dixen antes costoume o seu poñer o meu nome neste poema e noutro artigo que firmei, espero non volver a ler por riba sen antes pararme un pouco máis.
E sei que Luis dirá o mesmo que digo eu, pois tamén ten vergoña e timidez coma todos nós.
O único importante e a vosa participación sexa como anónimos, con alias ou co voso nome.

E nalgunha ocasión teño dito eso de que se puxera o nome, pero tan só era para poder contactar con todos os que noutro tempo fomos compañeiros e que compartimos momentos bos e malos xuntos.


Bueno, agora dicideme que vos parece o poema?

Apertas para todos vós.

Anónimo dijo...

Mary, o poema deixoume parado, porque me recordou cousas que sentin nun momento dado da miña vida,e creo que se provocas esa reacción e que vas por moi bo camiño.
Animo e sigue así, que calidade non che falta.

Anónimo dijo...

Encantoume Mary, sigue así. Penso que o fas mellor que moitos que publican. A poesía non e o meu pero a ti gustame lerche.