DESEXOS PARA TODOS VÓS PARA O VINDEIRO ANO
- Que as verdadeiras amistades continúen eternas e teñan sempre un lugar especial nos nosos corazóns.
- Que as bagoas sexan poucas e compartidas.
- Que as ledicias estean sempre presentes e sexan festexadas por todos.
- Que o cariño este presente nun simple hola, ou en calquera outra frase...
- Que os corazóns estean sempre abertos para novas amistades...
- Que as cousas pequenas como a envexa, o odio... sexan observadas e paradas no momento do seu nacemento.
- Que aquel que precise axuda atope sempre en nós a reconfortante verba amiga.
- Que o perdón e a comprensión superen as amarguras e as desavenencias.
- Que este, o noso pequeno mundo sexa cada vez mais humano.
- Que todo o que SOÑAMOS, IMAXINAMOS E INTUIMOS se transformen en realidades.
- Que o amor por os demais sexa a nosa meta absoluta.
- Que a nosa larga xornada dos próximos 365 días este chea de cousas boas.
Disfrutade as poucas horas que lle quedan a este 2008, que logo xa ven outro, eu espero chegar ó 2069 que será un ano moi pero que moi erótico e iso sempre gusta, a que vós gusta que sexa un ano erótico, tamén o pode ser este que esta á portiña xa petando, abridelle.
7 comentarios:
Eu espero que o mellor deste ano sexa o peor do ano que entra, eso espero para todo o mundo, para os amigos e non tan amigos.
Eu espero que me toque a loteria, sinon non sei como ei sair desta.
solo falta repetir detras de cada una te pedimos señor y ya sabremos donde estamos
Virgencita, virgencita que me quede como estoy.
Para ir abrindo boca a euromillons con bote, de segundo un home xeitoso con moitos atributos, e de postre un amante para os días que o home lle toque descanso.
¿Que te quedes virgencita?? ¿¿A tu edad???
Eu deseo vivir coma un cepillo de dentes: con moita pasta, un bo mango e que me cepillen 3 veces ao día.
Publicar un comentario