martes, 2 de diciembre de 2008

DO MALECÓN A LOUREDA, por Pili Vázquez.



Dáme pena Luis recordar ben pouco do que contas porqué eu crieime no Cabo, e para nos ir a Boiro significaba vender peixe ou visitalo medico.

Eu podo falar do Corviño e de Bandiorrío, lugares ós que nos so iamos con medo por culpa dós cans, que algúns eran bastante mais grandes ca nos. Con catro e cinco anos recorriamos as corredoiras por detrás da de Pita, pola panaderia, e incluso algunha vez subiamos pola costa arriba cara o lugar donde despois ían poñer a caixa de aforros. Dous anos despois eu fun para a Pesqueira, ou Loureda, como lle gustaba chamar a meu avó, Lolita e mais eu sabiamos de memoria o camiño dende o seu pozo (lugar donde pasabamos a maior parte do tempo) pasando pola leira de Vasques “o da molinera”, cruzabamos polos olmos ata chegar a encrucillada de ir ou a Carregueiros á praia ou a Fontedemouro as castañas.








Pero mentres vivín no Malecon recordo que iamos ó “Campo” (nunca supen porqué lle chamaban así, pois estaba no mais alto do Cabo, pegado o cabo que lle da o nome). Ibamos a escola de doña Elena, "entra Pilarita entra", e eu con catro e cinco anos ala ía chea de xerseis que me poñía miña nai, que sempre lle tivo medo o frío, e sempre me decía que eu era coma unha avelá e había que cargarme de roupa para que non me levara ó vento. Boa razón tiña, pois no inverno a auga entrábanos na casa, polo malecón, e cando viñamos da escola tiñamos que vir pegados ó muro de Pita para que non nos levara ó vento, e tapadas ca roupa de aguas que os nosos pais levaban ó mar.


Mira se estabamos cerca do mar que un día saín a correr da casa a botar una tona de plátano a praia, e tanto corrín que cando me din conta estaba a correr no aire. Doume a vida que a marea estaba abaixo e que por alí pasou un home do campo que se non... O bó e que no verán Concha a pola e mais eu xogabamos a vender peixe, e poñiamos pedras na cabeza a modo de "vasias".

Os seis anos cambiei de barrio, funme do malecón para a carretera, e aínda que pareza mentira só había trescentos metros de distancia, pero supúxome cambiar non só de casa senón de amigos e ata de forma de pronunciar algunhas palabras. Alí pasáronme moitas cousas boas e outras malas, pero sen dubida o mellor foi atopar a Lolita, que foi dende aquela a irmá que nunca

tiven.


Por certo as dúas escapamos unha vez a andar cara a Boiro, para ver que era aquelo dos columpios do que moitos falaban pero que nos nunca viramos. Fomos e viñemos andando, sabendo que estabamos a facer algo peligrosísimo, pero a gran ilusión que tiñamos puido có medo. Foi algo marabilloso, o nunca visto, a lo menos para nos. O malo foi a volta, a Lolita berráronlle un pouco pero logo déronlle un dalky de chocolate e nata; pero meu pai mandoume cear e a cama sen ler e sen escoitar o "arradio"(para min non había peor castigo), aparte de non saír a xogar non sei cantos días.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

NOn creo que fose un dalky, os dalkys sairon cando loli era maior.

Eu tampouco entendín nunca porque lle chamaban Campo.

Por certo bonito relato, as fotos perfectas, a ver si ese anima máis xente

Anónimo dijo...

Pareceme que Loli aclarou que non era Dalky, se non un postre de Clesa que tiña chocolate.
A min tamen me mandaron un ano con doña Elena antes de ir vivir a Boiro, creo que estivo dando escola moitos anos. Para o que había daquela non che era nada mala.
Josué

Anónimo dijo...

Alegrame moito ver que te animas a escribir. Bonito relato pero estou segura de que hay moitisimos maís, todos temos os nosos recordos e as nosas aventuras de cativos e de non tan cativos, pero o mais dficil de todo, polo menos para mín e darlle vida nos relatos. Tanto Luis coma ti, facedelo estupendamente, animovos a continuar.
Un sáudo.
Encarna.

Anónimo dijo...

A min contoume miña nai que cando eu era pequeno ibamos nunha motora que salía de Cabo de Cruz a Vilagarcia,eu non me lembro pero supoño que si foi verdade, xa que antes non había coches.

Anónimo dijo...

Bueno, durante moitos anos cando na miña casa se facía peixe eu decía que cheiraba ó salvador. Era o cheiro que habia no primeiro autobus de Salvador Muñiz e que levaba as pescas para Boiro. Menudos tempos...

Anónimo dijo...

Ay os cropans que teño eu comido, aqueles cun plastico azul e negro, que bos eran, nada que ver cos phoskitos de hoxe.
Eu non son do Cabo pero non entendo a onde vos referides co campo, é en Valiño?

Anónimo dijo...

Na casa de meus tios había unha radio que non era coma a da foto, era mais antigua. Unha especie de caixa cuadrada, cunha asa arriba e que ocupaba moito sitio, era coma de cor marrón e cuns botons para buscar a emisora.
Por certo tamén recordo que de vez en cnado traian a casa una caixa cunha santa tiñamola uns dias e dispois había que levala a outra casa.
Mª José

Anónimo dijo...

Gracias Pili, estou segura de que lembrarás moitas máis cousas, e sei que as mandarás.

Vou aclarar o nome do CAMPO (que é onde eu vivo). Tenme contado meu avó que antes no Campo non había casas e que era un terreo cheo de herba a onde se traían as vacas a pastar, porque antes Cabo non era un sitio exclusivo de pescadores, antes o Cabo tiña moita terra que se labraba coma en todos os lugares e se utilizaban as vacas para todo.
Antes no Cabo non estaban espalladas as casas coma agora nin coma fai 30 anos, as casas que había concentrabanse entre a Aldea de Arriba e a Pesqueira.

Aclararlle ó anónimo das 12:15 que o Campo queda onda o muelle, que é o grupo de vivendas que están en tres e dúas filas, quizáis o barrio máis uniforme de todos os de Cabo e sen desmerecer ningún outro.

Anónimo dijo...

Esqueciame que no Campo tamén se espallaban as poucas redes que tiñan os mariñeiros.

Anónimo dijo...

Esos cropans poden ser os chapela, eses que desenrrollabas .....
Eu non son de Cabo pero penso que o Campo e a calle que sube o lado da casa do mar, por donde se vai as rochas donde hoxe en dia hay una depuradora e esta a famosa Cruz de Cabo de Cruz.

Anónimo dijo...

Si, si os de chapela, gracias.

Anónimo dijo...

Chapela, era xunto con Bracito, Megatón e Bülgaro da marca Cropan.
Estaqban de Bimbo os Bucaneros, Bonys, pantera Rosa e Tigretón e Tunos.
De panrico o Tronko e Tronkito.
Alguén sabe máis ???
Un día escribo sobre eso.

Anónimo dijo...

E os phoskitos??

Anónimo dijo...

Luís, creo que agotaches todo o repertorio de pastelitos daquela época. De pequeno gustábanme tanto os cropáns que me parecía imposible fartarme deles. Hoxe en día prefiro unha tapa de pulpo á feira ou un bo churrasco. Os gustos cambian cos anos.

Anónimo dijo...

Phoskitos, regalos y pastelitos....

Anónimo dijo...

eu tamen prefiero o churrasco, pero "neses días " do mes sinto a necesidade imperiosa de tomar doces, e acordome do "colopan"como decía miña avoa, dos phoskitos, do chocolate, ou do merengue... oque sexa. O outro día ata tomei unha cousa rosa,dos simpsons, que lle deron o meu rapaz nun cumple, asqueroso, pero que ben me soupo.

Anónimo dijo...

Miña irmán escribiulle unha carta ós dos cropáns para que os fixeran máis grandes.
Pero nada.

Anónimo dijo...

O que mellor recordo da clase de Doña Elena é cómo nos instruía por si nos perdíamos: tiñamos que buscar un guardia e dicirlle me llamo Lolita, vivo en Cabo de Cruz, Ayuntamiento de Boiro,Partido Judicial de Noya.
Antes deso iba a clase de doña Juanita a do esteiro, pero miña nai sacoume dalí cando me rompeu a pizarra (non tiñamos libretas) na cabeza.
Despois foi cando empecei a comer dalkys.