domingo, 7 de diciembre de 2008

ACHEGASE O NADAL, por Mary Hermo.

Chega o Nadal e a primeira batería de exames, todo un reto, aprobar aquela primeira avaliación, pois as materias aínda que semellantes o ano anterior eran máis amplas e tamén máis complicadas; tras largas horas (para algúns) de estudio veñen as primeiras notas, os primeiro aprobados e os primeiros suspensos; momento de vacacións pero tamén momento difícil pois tiñamos que entregar as notas na casa, algúns esperariamos ata o último momento para facelo, outros faríano no primeiro día.

Pero antes de marchar de vacacións, no Instituto cocíase algo, a sangue fervía por facer algo, así que dalgún lugar saíu a idea de facer un concurso de decoración das aulas; e así foi, todos e cada un tiñamos que darnos presa para que as clases parecesen outras, o importante era a orixinalidade, non lembro que fixéramos na nosa aula o primeiro ano.
Pero si lembro o do segundo ano pois fixeramos unha especie de belén moderno, a min tocoume facer de San José con barba pintada de negro cun corcho queimado, camisa de cadros vermella e uns vaqueiros,; ata tiñamos un neno Xesús, eso si, un pouco crecidiño para ser recen nacido, agora tocavos, a ver se vós lembrades quen fixera os demais papeis no belén.

Nós non gañamos, pero si gañou un dos segundos que fixeron unha decoración en toda regra, investiron cartos e moito tempo e traballo, lembro que a decoración desa clase tiña estilo asiático e ían todos vestidos acorde a decoración, a verdade é que estivera ben, creo que a idea saíra dunha alumna que todos coñecemos pois traballaba ou traballa no mundo da perruquería.

Agora toca que vós lembredes como se desenrolou todo, pois a miña memoria xa falla, éche iso da falla de fósforos na cachola, e que a verdade non che me gustan moito.


Un vídeo para que me digades quen canta, que non me acorda como lle chamaban a estes guaperas, seica lle mandan bailar a raíña, e como bailaba ela.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tampouco recordo quen formaba parte daquel belen, hai que decir que non traballaramos moito para decorar a clase, pero si a outra clase donde estaba Lola creo que se chamaba asi, foi a que ganou e que chuliña tiñan a clase, manda carallo que ben o fixeran, mereceron ganar.
A ver Luis cando acabas o teu ascenso que xa quero saber como sigue a historia.

Anónimo dijo...

A cansion e de abba con Dancing queen. ¿Dónde está o meu premio? que levas disindo que hai premios os que aserten todas as cansions.

Anónimo dijo...

Gañou 2B, San José era Aurelio, A virgen, Mar a muller de Rafa o de Bealo, o neno Jesús era Alberto galbán.
O demáis non o lembro ......