jueves, 25 de diciembre de 2008

MAMA TEÑO RESACA, por Mary Hermo.

Hoxe toca descanso dominical no medio da semana, como dicia Mecano nun dos seus albúms, que eu estou de resaca:

- "Mary Carmen ¿onde che van os zapatos? e ¿o gorro?"
- "xa sei mama que perdín os zapatos e o gorro"

- "xa sei oh!, pero que vai ser da movida e da festa se non estou eu"
- "anda mama que me doe a cabeza."

E hoxe ós compañeiros que escriben artigos están prácticando a receita esa que vós dei para facer bebes, esa de fai unhas semanas para facer... bueno lede a receita e practicade tamén un pouco.

Por certo, a que esperades para escribir algún dos vosos recordos, que non sexamos uns poucos os que escribimos neste caderno de bítacoras, esta que é a casa de todos vós, e tampouco sexades catro os que comentades. VEÑA OH!!! NON ABANDONEDES O BARCO A VENUS.

Tanta saída de movida pesa, son moi nova para dicir isto, e xa creo que son os kilopondios os que masan, vedes xa non sei nin o que digo.

Así que hoxe toca surfear polo vídeos daquela, meu deus donde vai o beta e o vhs
- "seguro que tamén os perdín"
Vedes xa se me vai a cabeza, non os perdín quedaron naquela época, ou non?, menos mal que hoxe temos dvd pero con esto de youtube xa vai acabar por quedar obsoleto.

Eu vou surfear pola camiña, que este corpo pide a gritos: ¡¡DEITATE!!

FELIZ NADAL A TODOS, TANTO SE O DISFRUTADES EN FAMILIA COMA LONXE DELA, ESPERO QUE ESTEADES Ó LADO DOS QUE QUEREDES O DOS QUE VÓS QUEREN, E QUE NA VIDA TEÑADES MOMENTOS PARA A RISA, E SEN MAIS PREOCUPACIÓNS QUE A CHEGADA DUN NOVO DÍA.

Adiviñade de quen se trata, cal era esta canción que tiña tanto pica pica, jajaja, non hai pistas a sufrir que toca.

Premio para o que acerte:
"Unha noite de movida comigo"

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mary, eu hai moito tempo que non sei o que é ter resaca..

¿podesme decir cómo se fai para tela?

Boas festas a todos e todas..
o do video mellor non o digo, non vai a ser que creades que o sei

Anónimo dijo...

Dádesme envexa, porque a partires dos 50 xa non hai resacas...hai convalecencias.

Anónimo dijo...

Resaca non teño pero doenme os dedos de montar xoguetes porque desde que papa noel ven por boiro as 2 da mañán o que se fai é montar o barco de playmobil.
Bueno bo día para todos e hoxe a durmir cedo para recuperarse