Ola a todos ( ou hola, xa non sei como se escribe con tanto cambio de normativa, a ver si mo aclara María Fandiño).
Lendo o artigo de Pili Vázquez veñen a min recordos de cando era neno.
Lendo o artigo de Pili Vázquez veñen a min recordos de cando era neno.
Ós de Escarabote pasábanos algo semellante ós de Cabo, apenas tiñamos servicios e ir a Boiro supoñían
Ata a construcción da ponte , para os nenos ir a Boiro era toda unha odisea, cando había festas íamos e víñamos camiñando en pandillas, o máis complicado era pasar polo Sequelo xa que daquela non había farolas nin beirarrúas e había algunha bosta que estaba no lugar exacto onde se pousaban os tenis “paredes” comprados para a ocasión.
Cando comezou a construírse a ponte todo cambiou; aínda estaba cas vigas a medio colocar e xa o cruzábamos a gatas para ir a Disco-3 os Domingos, a volta era máis complicada xa que os primeiros cubatas da adolescencia empezaban a facer mella no noso equilibrio.
Esta ponte ademais supuxo que a asistencia ó Instituto puidese ser a partir de entón camiñando , pero antes tivemos que asistir a clase en Autocares de Salvador Muñiz que si vos lembrades eran pezas de Museo, un era pequeniño e non podías ir de pe, ademais as portas abríanse á man; outro tiña os asentos de Madeira e era tamén empregado polos alumnos de Cabo; o máis importante era que cando os invernos eran invernos non nos mollábamos.
Saúdos a tod@s
Anxo de Escarabote
15 comentarios:
Eu lembro a meu abuelo que dicía que os mozos que collían unha moza que era máis aló da ponte do Sequelo xa non volvían solteiros.
Será iso certo.
Angel a que esperas para contarnos as túas aventuras.
Paso por falar ou escribir en galego pero non podo chamarche Anxo, para min sempre serás: Angel el de Escarabote.
Non sabía que pasabas tantos traballos para ir a Disco 3, pero polo que recordo valía a pena, non si?
Bicos
O bus cos asentos de madeira que durou mil anos creo chamabamoslle "carpetán", e cando nos levaba José que iba a toda mecha deixabanos as cacha finas de tanto rebotar nos asentos.
Antes de rematar a ponte meu irman e os amigos usábana de trampolín para tirarse ó río. Si é que alguns estades vivos de milagro...
Pois eu á carretera vella de Escarabote sempre lle tiven manía. Eu era montar nun coche e marearme e esa carretera tantas curvas tiña que ó chegar á Madalena xa non´había con quen contar, claro que si non queres caldo... tiven que facer ese camiño os dous anos que fun a Ribeira ata catro veces ó dia, sempre a correr para poder ir diante no bus, porqué parecia que asi me mareaba menos. Toda a vida cunha bolsa de plástico no bolsillo, ainda non sei como cheguei a ir en COU a Torremolinos.
Eu coma Oliva tamén sempre che chamei Angel.
Unha aperta
Pois claro que sempre serei Angel , será que o espíritu rebelde dos anos no Burgo en Santiago calaron forte e quedoume o nome polo que me coñecían ali.
Saudos/Angel de Escarabote
Eu usei a os vellos pilares para tirarme, acojonado,tamén lembro ir ás festas de Escarabote pola volta á pata.
Lembro que ó lado do río nos poñíamos os de Boiro na parte de acá e os da madanela (Juanjo Chouza, O xXouba, o Churruco, etc)na de alá, e n os desafiaban a cruzar a nado, se nón o que non o facía levaba unhas ostias. Agora o rio parece unha mexada, antes era un océano.
Para min Angel sempre foi Ribeirao, él sabe por qué.
Eu son de Goians. Alí nacín e vivín ata os doce anos. Ben me lembro do ben que o pasabamos os nenos de Goians, Escarabote ou a Magdalena tirándonos da ponte cando estaba a medio construir. Había algún que se tiraba de cabeza ca marea baixa, e despois tiñamos que ir a desenterralo da area. Eu que era un pouco máis acojonado, sempre me tiraba estilo
"bomba".
Recordo tamén con nostalxia como nos colábamos na torre de Goians pra irnos a bañar ó "Embarcadeiro" que pertence a esta torre. Ás veces os coidadores da susodita torre soltábamnos os cans e había que pegar uns sprints
inesquecibles.
¡Pero pagaba a pena!No embarcadoiro sentíamonos os reises do mundo. Alí nadábamos,xogábamos, ríamos, e o tempo parábase. Era a felicidade absoluta pra un neno de dez anos.
Xogábamos ó fútbol na lameira na que se convertía a desembocadura do río Coroño ó baixar a marea, enterrándonos ata as rodillas. Partidos que duraban horas e que só parábamos porque se facía de noite ou porque a marea subía de novo. Resultados tipo 47-45 dábanse moi a miudo.
Recordo que por aquela época na televisión votaban unha serie china á que estábamos enganchados meus amigos e máis eu. "La Frontera Azul " titulábase, e a súa emisión marcaba os nosos xogos e soños. Tiñamos que botar a sorteo quen lle tocaba ser o protagonista LIN CHUNG, e quén resignadamente tiña que ser o malo da serie,KAO CHIU(si che tocaba facer de éste chegabas á casa cheo de golpes e cardenais).
Empezabamos xogando en Chanquiña e seguiamos o curso do río Coroño ata a Ponte Goians, e alí tiñamos que parar. De ahí non se podía pasar porque era a distancia límite que os nosos pais nos poñían.
Nós decíamos que ese río, ese lugar, era a nosa "fronteira azul",o límite do noso mundo infantil. Alí estabamos todos, mirando para o pequeno río Coroño convertido por nós no inmenso río LIAN SHAN PO, fronteira natural entre a nosa aldea de Goians e o inexplorado territorio de Boiro.
Para rematar quixera darlle as grazas a Angel, que co seu artigo de hoxe, fíxome recordar momentos pasados e voltar durante un anaco de tempo, trinta anos atrás, á miña nenez.
Saúdos a todos. Pedro.
Este comentario de NOSTALXICO, é dicir, de Pedro debería estar na páxina principal, tí que me dis compañeiro Pedro, podo poñelo na páxina principal?
Unha aperta para todos.
Pedro, eu tamén me lembro de xogar na lameira do Río ca marea baixa. Tamén teño feito algunha colándome polo embarcadoiro da Torre. Nesa lameira antes para apañar miñocas cunha palada enchías un cacharro e agora tes que partir o lombo durante horas. Vexo que aínda temos moito do que falar, ide contando que eu xa me estou animando.
Angel
Sí podes poñelo, e frimas como Pedro de Alexos
Estoume enganchando ó blog. Cada día teño que entrar polo menos un par de veces. ¿Estou enferma? ¿pásalle a máis xente isto?
A min tamén me pasa, estou enganchado, esto é coma un vicio, eu teño o blog aberto no traballo e votolle un vistazo en canto no me ve nadie.
e qué me decides do video musical que puxeron hoxe, ou vos dou a risa ou vos puxeches a bailar, seguro.
Vendo como se tiraba a xente da ponte, foi unha miragre que non quedaran uns cuantos como Ramón Sampedro...
Publicar un comentario