Aquí vai outro deses poemas, ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, é complicado deixar que leades estes versos que tan só son sentimentos desta bohemia que na súa timidez e no máis adentro agocha versos a un vento que azota nese lugar recóndito do máis adentro, son sinxelos e modestos, tan só vos pido a vosa opinión ó respecto, non debería poñer moitos máis pois senón xa non serán inéditos, espero que o saibades entender.
Disfrutade destes instantes poéticos.
Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.
Xa chegou a noite,
xa estás durmido,
síntote, si, sinto,
o teu latido,
a túa respiración,
esa dozura do teu corazón
que fai que eu viva.
Cantos sentimentos
se me achegan,
a escondidas
e que en min se quedan
cando estas durmido,
ámote tanto,
que non sei que daría
por un amor
algo máis pausado e tranquilo,
É a túa mirada,
o teu sorriso,
non o sei,
pero estas aló,
aló dentro
na miña alma,
e agora a escuras,
dígote
o que non te diría de día.
Mary Hermo.
3 comentarios:
Sabía das túas poesías no instituto, pero non tiña notiçias de que seghuiras hoxe en día profundiçando neste fermoso mundo da poesía.
Oghallá os teus desexos se cumpran dalghunha maneira e espero o mellor para ti.
Bicos,
Ramón
Acabo de mirar o blog e vexo a tua poesía pulicada.
por unha parte entendo, Mary, que non queiras poñer mási, porque mostran unha parte moi intima e ás veces non comprendida, peo decirte que ó meu parecer teñen moita calidade, tanto en redacción como no que expresan.
sigue así,,,, un bico
Noraboa polos poemas, Mary!
É necesaria unha non pequena dose de valentía para publicar esta temática. Independentemente do contido, escribir poemas sempre me pareceu moi difícil.
Publicar un comentario