lunes, 15 de diciembre de 2008

CANDO CHEGUE ESE DÍA, por Mary Hermo.

Aquí vai o prometido, outro deses poemas, aclarar que ese libro que estou tratando de sacar adiante non é doado, como ben sabedes publicar algo neste noso país é complicado, e que me costa moito subir aquí estes poemas pois son moi modestos e sen calidade.
Disfrutade destes instantes poéticos.
Ah! Teñen copyright dese da propiedade esa intelectual que eu non sabía que tiña pero que a Sgae me dixo que era un euro e medio por cada un, así xa saco para a resaca do seguinte fin de semana, e xa sabedes o ingreso faise directamente na seguinte conta: 0000-00-00-000000000-00, jajajaja.


Cando chegue ese día,
soarán as campanas,
serei un corazón
envolto en chamas,
libre coma o vento.
Agárrame forte a man,
eso tamén.
Cando chegue ese día,
os teus rezos
as miñas palabras no teu alento,
serán sentimentos.
Cando chegue ese día,
no haberá dor nin agonía,
mudarei a miña tristeza
polo mar, polo sol, polo vento
que aniñaron no meu corazón
que nun mundo encantado viviu,
nostálxico estará o ceo,
e as estrelas,
cando xa non me vexan,
a miña alma entre velos,
pero sen dor,
Cando chegue ese día
serei aroma da flor,
a luz serea dunha vela.
Cando chegue ese día,
serei a artesán
que te fará sentir
que no estarei tan lonxana
por que podo renacer
preto de ti… cada mañan.
Cando chegue ese día.

Mary Hermo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Coño, non sabía eu que Mary escribise poemas, si parece unha tia seria, pero xa se ve que as apariencias engañan moito.
Enhorabuena, gustame.

Anónimo dijo...

Eu non sabía si era o meu ordenador ou o blog, pero esto leva funcionando fatal todo o dia.

Mary, a min tamén me gusta moito o que escribes pero hoxe púxome un pouco triste de mais.
Espero de todo corazón que "ese día" chegue o mais tarde posible.
Bicos

Administrador dijo...

Desculpade o mal funcionamento do blog foi un erro alleo ó blog, pero temos un experto en informática (O Sr. Vilas) que o solucionou nun instante.

Espero segades mirando o blog como de costume e sigades comentando e escribindo para que sega medrando.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

¿E o Sr Vilas, quen ven sendo?