sábado, 6 de diciembre de 2008

O DÍA DA CONSTITUCIÓN. "CRISE ECONÓMICA=BUSCO TRABAJO" por Mary Hermo

Hoxe celebrase o día da Constitución Española, pois ben eu non vou falar da Constitución porque como supoño todos lembrades que xa nos teñen falado dela no colexio e no instituto porque antes do ano 86 non era festivo e en todos os centros de ensino se falaba ese día da constitución.


A maioría de nós non vivimos a etapa anterior á democracia, e aínda que naceramos antes da democracia non eramos conscientes da falla de liberdades, pois eramos cativos de 6 ou como moito de 8 anos, tan só escoitabamos falar na casa disto ou daquilo que non estaba ben, os dos atropelos que se cometían coas sentencias de morte. Eu lembro que meu avó escoitaba unha radio de fóra nun aparato que lle trouxera o meu pai do estranxeiro e no que se podían escoitar emisoras de case toda Europa e do Norte de África, e que meu avó sempre estaba pendente das noticias que daban fora de España e sempre poñía a radio moi baixiña para que ninguén a escoitara, supoño que por medo; e dende logo quedáronme gravadas un par de imaxes que virá na televisión (na miña casa non tiñamos televisión pero si a tiñan uns veciños e íamos moitos nenos pequenos a vela a esa casa), esas imaxes foron a dun coche no teito dunha casa e que dicían que era un tal Carrero Blanco e que cos anos souben quen era o home ese, e a outra imaxe foi a do enterro de Franco que eu comparaba co enterro dun veciño e non entendía porque a Franco lle poñían a bandeira de España e tantas flores e choraba tanta xente por el, e na contra aquel veciño meu non levaba bandeira e apenas unhas flores e tan só choraban os seus fillos e poucos máis; daquela era moi cativa e non o entendía; pero dende que tiven uso de razón comecei a entender moitas cousas que con cinco e seis anos non entendía, logo apareceu un Rei que era o que mandaba i eu cría que sería un Rei Mago que nós ía traer moitos regalos a todos os nenos, pero non era así, vaia desilusión levei cando souben que era o que gobernaba no noso país, xa non íamos ter regalos os pequenos. Lembro que dous anos despois de que morrera Franco (aquel que levaba a bandeira e tantas flores o día do enterro) na miña casa estaban como tolos porque tiñan que ir a votar non sei que cousa, e lembro as palabras do meu avó: “O primeiro paso cara unha nova vida, xa era hora”, e logo un ano despois, un día coma hoxe volvían a rebulir na casa con inquietude e con ganas de volver a ir a votar, daquela xa souben que se votaba unha constitución e xa meu avó se encargara de explicarme que significado tiñan todos aqueles acontecementos.


Non vou opinar respecto a esta Constitución, nin se debería ter ou non reformas, aínda que si vou dicir que foi feita para unha época complicada e que agora os tempos e este país cambiaron moito, supoño que moitos estaredes pensando, pero dade a vosa opinión.


Hoxe falaremos desa crise económica da que tanto se fala, ata se fala nas perruquerías, nas carnicerías, en calquera lado podes escoitar falar da crise económica e dáste conta de que todo o mundo entende de economía i eu digo que nesto son totalmente analfabeta, non entendo de bolsa nin do IPC, nin de impostos, nin macroeconomía nin microeconomía, nin de política económica; pero xa vedes hoxe en día todo o mundo fala destes temas.


Eu simplemente hoxe que se fala tanto de crise, eu tan só podo dicir que as pensións son moi pequenas e que moi pouca xente chega a final de mes, e como diría un amigo meu: “Eu de maior quero ter un choíño do estado”, e xa vedes hoxe nin tendo un bo curriculum atopas un traballo, e para curriculum o deste vídeo que merece a pena nestes tempos que corren, estou segura de que vós vai gustar e incluso seguramente xa o teredes visto.

Mary Hermo.



Disfrutade deste día no que fai xa unha chea de anos que temos democracia, hoxe é día 6 de Decembro de 2008.



11 comentarios:

Anónimo dijo...

Que os senvergoña que provocaron esta crise, que seguramente coste vidas e millóns de parados, sigan a vivir nas súas mansións e con soldos millonarios, despertas os meus vellos instintos revolucionarios e danme ganas de tirarme ao monte

Anónimo dijo...

Tirate ó monte Rodrigo, que ti sempre tiveches instintos ded Foucellas.


Estou con Rodri, quenes van notar a crise son os que non a provocaron.

Esta crise é a nivel mundial, pero cando tes unha eonomia tan dependente dunha actividae eso radúcese nun colapso xeralizadeo , como está a pasar neste pais.

Manda carallo , escribo todo estto desde Marbella, tomando unha caña nunha terraza.

Anónimo dijo...

Ahora estaremos peor, pero non nos enganemos, a crisis témola sempre.
Ou como lle chamades vos ó feito de traballares unha chea de anos e cando por desgracia enfermas cobras, si tes suerte, unha mísera pensión? Un ex-presidente de goberno con só "traballar" 4 anos xa ten a vida solucionada. Manda carallo!

Anónimo dijo...

Tito Pullo, vouche dar máis envexa. Eu estou a 300 metros do Nou Camp, e xoga o Valencia.

Anónimo dijo...

E certo podes traballar moitos anos e se por desgraza enfermas acabas cobrando un pensión que non te da nin para pagar os gastos da casa, xa non digamos para comer ou manter os fillos; miña nai traballou toda a súa vida e o final cobra unha miseria que non lle da para nada, se me descoido nin para manterse.
Oes TITO PULLO manda unha caña pero sobre todo manda bo tempo para acá que chove e fai un vento que non vexas.
Rodrigo ti vas ir ver o partido, logo?

Anónimo dijo...

Pois con este tempo, con esta crise e neste día festivo eu aposto por quedar na casa, pero nada de aburrirse: poñerlle unha peli ós nenos e hala, a celebralo. Eu celebreino unha vez á mañá e outra á tarde.

Anónimo dijo...

Xa, xa así que practicando a receta de cociña esa que deron o outro día, e hoxe nadiña de nada, mandaronme para o sofa.

Anónimo dijo...

Que quente anda estoo, uns no sofá, outros de festa, outros con pelis, que día da constitusion.

Anónimo dijo...

Pois eu estou en Salgueiriños. Estou ben, pero preferiría estar no Nou Camp coma Rodrigo.
Na miña opinión, a crise económica débese a un funcionamento defectuoso dos mercados, axentes financieiros e institucións bancarias. Gran parte da actividade macroeconómica está demasiado supeditada á subxetividade das persoas, e hai pouco control da codicia e da especulación. Cando o valor das cousas, dos bens, non se establece cun mínimo de obxetividade, córrese o risco de que o sistema revente nalgún momento. Nunha economía de libre mercado o valor dos bens establécese pola lei da oferta e da demanda que, si ben a longo prazo acaba poñendo cada cousa no seu sitio, a pequena escala de tempo danos uns sustos e uns meneos de coidado. Espero que os nosos dirixintes saiban encontrar os expertos que arreglen esto, porque non é fácil. Ten que haber un control sobre os mercados financieiros para evitar especulacións salvaxes, enriquecementos obscenos e codicia desmesurada, pero coidando de non facer unha intervención excesiva que elimine a lei da oferta e da demanda. De tódolos xeitos, paréceme que hai unha cousa que nunca cambiará: si debes vinte mil euros e non podes pagalos tes un grave problema, pero si debes vinte millóns de euros podes dormir tranquilo porque xa haberá quen chos preste ou quen che busque unha solución. Desculpade este rollo que me saleu, debe ser a choiva que cae.

Anónimo dijo...

Que sorte ese que "celebrou" duas veces hoxe, porque eu vai para tres anos que non "celebro" nada. Caje na!

Anónimo dijo...

Parece que esta ponte a todos se nos deu polo mesmo destino Barcelona, pois eu e mais a familia acabamos de voltar e por suposto tamen vimos o partido no nou camp. A próxima vez quedamos por alá e facemos unha visitiña pola zona dos viños.
Juanjo tamén andivo pr alá co seu fillo polo fútbol