Foi unha pena que non se pudese levar a cabo a reforma educativa republicana, método daquela xa moderno e adaptado ao entorno cultural da poboaçión, coa fin de romper coa estrutura escurantista que imperaba na soçiedade da época.
Logho do trunfo represor, a maioría da poboaçión seghuía sen poder acçeder á educaçión. A escolaridade desta frustrante época consistía en formar individuos sumisos e temerosos.
Alén deso, moitos nenos e nenas, perdían numerosas clases porque tiñan que levar os animais ao monte, axudar nas terras, e na casa. Tamén abandonaban cedo a escola para pórse a traballar coma un adulto.
Un refrexo dese atraso, era a e triste e famosa frase de “a letra con sancre entra” que por ser obrighatoria, impregnouse na mente da maioría da nosa xente. Ese aberrante esquema cultural e educativo cheghou hastra a nosa propia infançia. Como relatan os amighos e amighas, eran típicos os castighos corporais e mentais.
Para eso tiñan distintos medios: o uso da vara, ou calquera instrumento de xeometría, e de ser o caso valíalle a mesma man. Soportar de pé ou de xeonllos o peso dos libros nas mans cos braços abertos, meterche no cuarto escuro, reprimirche o teu idioma materno, quedar sen ir xantar á casa, ou tamén quedar pola tarde, etc...
Un día, na clase da mañán, a "mestra" fíxome unhas preghuntas desde a súa mesa, sobre as medidas de capaçidade e peso. Indicoume que permaneçera sentado no meu sitio. No asento da mesa do lado, tiña a unha curmán máis vella cá min.
Realmente, sempre tiven medo esçénico porque o meu xeito de ser é tendente á intraversión. É diçir, son intravertido. Pónme nervioso o amontoamento de xente, como por exemplo, unha clase. Neçesito intimidade, confiança e benevolençia.
A historia, foi que me bloqueín e començín a desesperarme. A curmán, daba alghunha puntualizaçión para axudarme, pero eu aturrullábame e non acertaba. A clase estaba rematando e, a mestra mandou marchar aos alumn@s. Mai a min, indicoume que me quedara sentado porque non soubera contestarlle as preghuntas. Castighoume, sen ir comer á casa. E, de paso, ela dóulle recado á compañeira para que avisara a meus pais que non aghardasen por min. Así, permaneçín alí, ata que empeçou a clase da tarde.
NOTA: Estes métodos só causan sofrimento e bloqueos mentais. Non serven de nada. Só para marcar neghativamente á xente.
Está visto que sen cheghar hastra os usurpadores dirixintes daquela época, os servidores do enghranaxe educativo, neste caso boa parte dos “mestres”, non viñan sendo máis que servidores da represión e do escurantismo. Moitos deles sen formaçión clara, e outros con formaçión refinada, pero en ámbolos casos sen humanidade e sen raíçes nosas, estaban desapeghados do propio pobo.
Eso mesmo era aplicable a outras poderes estamentais como a xustiça, os institutos armados, a sanidade, a aboghaçía, etç...
Desto extráese, que calquera que non tivera escrúpulos e posuíra cualidades de totalitarismo e crueldade, prototipos de matón ou matona, e refinamento estreito coma a señorita Rottenmaier do conto de Heidi, podía exerçer como mestre-a do sistema imperante.
O máis curioso era o uso dos formalismos, que eles mesmos se adxudicaban como o de don ou doña, pensando que con eso estaban por riba do resto dos mortais. Sen embargho, en moitos casos eran indignos de tales atributos. Hoxe en día, como sempre debía de ter sido, eses tratamentos son anacrónicos, bastando só co respecto deica a persoa.
Lémbrome de cando estuven na escola unitaria mixta de Mieites, desde que empeçín en infantil con sete anos, ata rematar cuarto de EXB, que foi cando se pechou esa escola. Dahí, trasladáronnos ao que hoxe en día é o colexio Praia Xardín, anteriormente designado co ignominioso nome do coneçido xeneral.
Pois ben, como en moitas partes, na escola de Mieites tiñamos un prototipo de profesora arquetipo do réxime estableçido. Tamén, por lóxica, o tratamento era de "doña". Aplicaba a técnica disuasoria da leña cando viñera ao caso, fora con vara, con reghra etç. Incluso de xeonllos, cos braços estirados en crus e con libros nas mans, póndoche de cara á parede. E se te cansabas, ighual púñache máis peso nas mans, obrighándoche a seghuir así, con ese sufrimento silençioso e desesperante.
Ademáis, estaba o castigho reclusorio no cuarto escuro. Se lle petaba, quedabas castighado sen poder ir comer á casa. É diçir, non comías, téndoche ençerrado na clase ata que volvera abrir para entraren ela e os rapaçes na primeira hora da tarde. Aquí temos unha foto da escola de Mieites, con diversas xeraçións e cursos. Sería entre o ano 1972 e o 1975 ou 1976, cando estiven alí. Esta escola penso que estaba activa desde 1958, se non me enghano. De fronte á foto, na terçeira fila, eu son o seghundo neno pola esquerda que está de pé, cos braços cruçados no peito.
Ela, non atendía a nincunha explicaçión á hora de soscar. Cando lle pareçía que debía arrear, non había nada que llo impedise. Non importaba que a calquera do ghrupo se lle ocorrera façer mal, sen ti ter nada que ver con eso. Anque nese momento, che cadrara estar ollando inoçentemente as feituras indebidas ou travesuras doutros. A esla, eso non lle importaba. Xuntaba a inoçentes e culpables e arreaba sen dor. Collía a vara, agharrábache por un braço e dábache xa de pé, diante da entrada do portal de fóra, unhas vareadas nas cachas, nas pernas ou, a onde lle fose a vara.
A mestra, tiña por costume peghar no caso de non saberes a lecçión. Non lle importaba que tiveras estudiado anque despois te bloquearas polo que fose. (Diçir que cando tomaba a lecçión, ela permaneçía sentada, mentres o rapás ou rapaça iba hastra a mesa da mestra. Púñase de pé, preto da mesa, cos braços cruçados sobor o peito, aghardando a que ela lle preghuntara para responder.) E os castighos por non saberes a lecçión, anque tiveras estudiado pero te bloquearas, eran os relatados anteriormente.
Podía darche cunha reghla varias veçes, nas palmas das man ou nas cachas. Outro xeito, era mandarche xuntar as mans en estilo oratorio, póndoas para riba e dábache nas puntas das uñas.
Unha variedade era arrearche coa vara nas cachas e nas pernas. E tamén porte de xeonllos cara á parede, cos braços en crus e con libros enriba das mans. Tamén estaba o cuarto escuro para meterche nel, sen lus. Ou, se lle petaba, non che deixaba ir xantar á casa, pasando sen comeres.
Véñenme
flashes á mente, dunha amigha de Cures de Baixo, que durante uns
anos criouse nesta aldea, e estivo na escola de Mieites. Despois, a
escola pechara no 1975-1976 e fómonos todos, incluído esta rapaça, para Boiro. Ao final, os pais fixeron casa en Abanqueiro, índose a vivir alá e deixando a casa de seus avós maternos.
Lémbrome que a mestra lle tomara (preghuntara) a lecçión. E como pareçe que non a sabía moi ben, a "ensinante" foi coller a vara enriba do ençerado, onde case a tiña sempre. Esta amigha que estaba de pé, perto da mesa da mestra, ao ver esa acçión, pidéulle que non lle peghara xa que lle puxeran unha indiçión pola mañán. Era verdade, porque atopábase enferma de algho e estábana tratando. A mestra non atendeu a explicaçións, e arreoulle varias vareadas nas cachas, façendo queixarse á nena. Desconeço se eso lle provocou, a maiores, alghunha reacçión da indiçión que lle puxeran esa mañán.
No que respecta ao cuarto escuro, algho provocara o anulamento definitivo deste castigho, durante o tempo que estivo activa esta escola. Este caso fora o dun amigho do Piñeiro, en Mieites.
Tiña un irmán máis vello que tamén estivera na escola, pero nesa época xa façía alghún ano que saíra dela. Ademáis había outro irmán máis novo, pero este último non lle tocara asistir a Mieites, xa que empeçara en Boiro.
Este amigho da miña idade, era da mesma estatura. Delghado de ollos açuis, de pelo loiro e moi riçado. Era moi nervioso e penso que era surdo. Un día, como calquera outro, fora castighado pola mestra e meteuno no cuarto escuro, que como di a palabra, non ten lus. Con frecuençia, alghuén sempre ía adentro do cuarto. Resulta que na hora do remate da clase ou, cando a mestra o considerou, foille abrir ao alumno. Pero como era tan nervioso e tiña tanta ansiedade, tan axiña como abreu, este amigho impulsado polos nervios e a desesperaçión, saltoulle á mestra rabuñándolle pola cara e os braços e, agharrándoa.
Anque el, coma nós, éramos todos uns rapaçes de infantil, a desesperaçión do compañeiro debeulle causar un forte impacto á "ensinante", porque movida por este sobresalto ou medo e, polos rabuñaços reçibidos e agharraduras, deçideu anular por sempre este castigho. Pouquiños anos despois, esta escola pechou e trasladáronnos a Boiro.
No caso de que neçesitase unha vara nova, pedíalle aos alumnos haber quen lla podía traer. Por min podía estar esperando sen ela hastra o día de hoxe. Sempre había alghuén que lla procuraba e tamén a ten estrenado el/ela mesmo-a.
A paradoxa máis dolorosa era a connivençia dos pais á hora de apoiar o maltrato dos alumnos na escola: “Se che peghou porque as mereçías” ¡Hala. Asunto arranchado!
Lémbrome dunha amigha loira de Mieites, na Silva, con alghún ano menos cá min. Ten un irmán máis novo e outros dous máis vellos cá ela. Os catro, estaban matriculados nesta escola.
Pois ben, non hai moito o irmán máis novo lembrou que unha ves a mestra ensañouse con ela. Vareouna tanto nas cachas e nas pernas que supoño choraría e aghuantaría a dor na clase, ata que lle cheghara a hora de marchar para a casa.
É posible que fora a mesma nena ou alghún dos irmáns que ao chegharen á casa, contáranllo a súa nai (con risco de que por riba a rapaça a levara da nai ou do pai, como era costume na maioría das familias). A nai baixoulle os pantalóns e veulle tantas marcas deneghridas da vara polas cachas e por detras das pernas que tuvo que tratala con vinaghre para que fora curando co tempo. A a dor da nena tería que ser insoportabel. Suponse que semellante maltrato causaría impacto na nai, impedíndolle que aínda por riba lle berrara á nena ou lle peghara.
¡Que mentalidade, válghame Deus!. ¿Desde cándo para asistir a unha escola a aprender, hai que ir reprimido e con medo?.
Por se esto fora pouco, existían pais con mentalidades serviles e trepas da época que lle suministraban de ves en cando alghúns víveres: patacas, carne, etc.. ¿Ou sería para fortaleçer á mestra e poder arrearlle con máis enerxía tanto á maioría da clase, coma aos fillos dos que entreghaban os víveres? Aos seus preferidos, non lle peghaban, non. Eses nenos e nenas, xa se adaptaban ao seu xeito. Era moi selecta.
Pechada a escola, trasladámonos coa mestra da unitaria ao colexio de Boiro. Boa parte do profesorado deste colexio tiña outro talante.
Esta mestra creo recordar que me cadrou aínda en quinto de EXB. Un día, na clase había un rapás de Cabo de Crus, moi colorado de cara e, totalmente irreverente. Vai ela, chamou ao director, un señor de barba, e queixóuselle do alumno na propia aula. Entón o director mandou pór ao chaval de pé, xunto ao pupitre e arreoulle forte coa man aberta na cara. ¿Non sería mellor que antes de cheghar a eso, se lle era totalmente indóçil, buscaran outro medio? Ou senón, en último caso, o que "correspondera", pero non, malos tratos físicos, nin psíquicos que deghradan á persoa.
Había alghún que outro profesor, tamén co dichoso trato de don, que impartía matemáticas en oitavo. Acostumaba entrar á clase e arrimábase ás aghachadas ao canteiro ou hucheira (columna) da porta, preghuntándonos: ¿Quereis sopa? ¿Cuando las barbas del vecino veais afeitar, poned las vuestras a remojar? Ten repartido sopa sen elixila no menú. ¡Que lediçia!
Sóubose que alghún rebelde con causa do Cabo da Crus, encheulle de merda o seu coche. E inda non sei se houbo algho máis.
Doutra ves viñera un profesor loiro e alto, en prácticas a sexto de EXB. Paréçeme que era de Vigho. Lémbrome dun alumno veçiño meu que pasou falando, ou berrando en alto polo pasillo, xa non me lembro. O que si sei é que o mestre escoitouno. Chamouno xunta del e doulle coa man aberta na cara que resoou en toda a clase. Sorte que logho se foi, senón posiblemente coma no caso anterior pudera ser que alghuén se cheghara a rebelar.
Historias para lembrar.
Ramón Laíño.